Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Selección de Galicia XCO exhibe futuro na Taça de Portugal de Fundão

05 DE JUNIO DE 2023

A cadete Lorena Patiño e o júnior Alejandro García impuxéronse nas súas categorías. Podios para as juniors Aroa Otero e Marta Estévez, o cadete Xián Alvariño e segundo posto por equipos.

A-Seleccion-de-Galicia-XCO-exhibe-futuro-na-Taca-de-Portugal-de-FundA�o

Fotos: Federaçao Portuguesa

Con dúas vitorias, outros tres podios e moi boas sensacións a Selección de Galicia XCO saldou en Portugal o seu test de cara o Campionato de España deste verán. O combinado da Federación Ciclismo Galego (FCG), cunha convocatoria formada por dez cadetes e cinco juniors, exhibiu futuro na cita da Taça lusa celebrada este domingo no circuíto de Fundão. O seu rendemento colectivo outorgou ao grupo dirixido polo seleccionador Jose Alberto del Río a segunda praza por equipos nun evento de clase C1 no calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI).

Dende a primeira volta a un trazado de 4,2 quilómetros, Alejandro García controlou a carreira júnior rodando en cabeza. O carballiñés venceu con 57 segundos de vantaxe sobre o portugués Rafael Sousa (Guilhabreu) e a terceira praza do caixón ocupouna Guilherme Barros (Guilhabreu). O galego Tomás Pombo, que defendeu as cores do Padronés-Cortizo, fixo cuarto e Martín Sestelo, o segundo representante da Selección de Galicia, remontou ata finalizar décimo logo de arrancar dende a parte traseira da grella de saída.  

A proba xuvenil feminina deixou para o conxunto autonómico un balance de dous podios e un cuarto posto. A lusa Beatriz Guerra (Guilhabreu) acadou un contundente triunfo por diante do trío da Selección de Breogán. A 4'08" da gañadora cruzou a liña de meta Aroa Otero, 43" máis tarde concluíu Marta Estévez e a actuación galega completouna Uxía Soto, a 2'18" da terceira clasificada. 

En cantos ás carreiras cadetes, Lorena Patiño ratificou que ademais de ser a vixente campioa de España é a biker de referencia a nivel ibérico na súa categoría. A marinense da Selección de Galicia puxo terra de por medio dende a primeira volta e superou por 1'37" á portuguesa Margarida Vasconcelos (AXPO). Bruna Gonçalves (Tondela), a máis de 4' da vencedora, obtivo o terceiro posto. Lara Pita, quinta, e Alba Gregores, sexta, colleitaron notables resultados nesta experiencia co equipo da FCG.

A expedición galega tamén brillou nos cadetes malia o hándicap de que os seus representantes saíron dende moi atrás ao non dispoñer de puntos na Taça de Portugal Credibom. Adiantando a moitos corredores nunha proba que contou con máis 60 inscritos, Xián Alvariño acabou apuntándose o terceiro posto nun man a man con Marcos Rodríguez, un duelo entre compañeiros da Selección que se resolveu por 8" de diferenza. Ata a sétima posición escalou Mauro Vega e ás portas do top-10 quedaron Santiago Otero, Nicolás Fernández e Néstor Frías, ocupando a duodécima, a décimo terceira e a décimo cuarta praza, respectivamente, mentres que Xoel Cidrás terminou décimo oitavo. 

Os resultados nas catro categorías nas que participou permitiron ao combinado federativo asinar a segunda posición na táboa por equipos. Unicamente o superou o Guilhabreu e a outro equipo luso, ao AXPO de Vila do Conde, correspondeulle o terceiro posto. 

Lara Lois

O Cross Country Olímpico da nosa comunidade conseguiu un sexto podio á marxe da Selección. Lara Lois (RG Bikes) rematou terceira na competición elite feminina. A grovense, tan lonxe da segunda clasificada Ana Santos (X-Sauce) como da cuarta Joana Monteiro, sumou 30 puntos UCI na carreira que se adxudicou Raquel Queirós (MMR).

Clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es