16 DE AGOSTO DE 2023
A Selección de Breogán volve ao asfalto e faino trasladando a súa aposta pola canteira do ciclismo feminino alén das súas fronteiras. O combinado da Federación Ciclismo Galego disputará dende este venres, día 18 de agosto, e ata o domingo a II Volta Portugal Feminina Sub-19. Catro corredoras cadetes e tres juniors estarán dirixidas nas estradas lusas por Ramón Troncoso. A convocatoria é a seguinte:
CADETES
Ivet Ivanova Stamenova (Cambre, C.C.)
Nerea Suárez Pose (Carballo, C.C)
Irene Signo Iglesias (Ponteareas, C.C.)
Alejandra Neira Domínguez (Cambre, C.C.)
JUNIORS
Xiana Camiña Expósito (Betanzos, C.C.)
Andrea Prado Laredo (Betanzos, C.C.)
Lara Fuentes García (Cambre, C.C.)
A primeira das tres tiradas arrancará en Santarém -ao norte de Lisboa- e concluirá en Benavente tras un percorrido de 66 quilómetros. As ciclistas afrontarán o sábado un trazado de 60 km con saída en Alpiarça e chegada en Almeirim, quedando para o domingo a etapa raíña. Os 61 km entre Cartaxo e Montejunto finalizan nun porto de montaña de 1ª categoría.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es