30 DE OCTUBRE DE 2023
A localidade francesa de Pont-Château acollerá a vindeira fin de semana o Campionato de Europa de Ciclocrós, o evento continental que no 2024 se celebrará en Pontevedra. Ata terras galas a selección española acudirá cun total de quince ciclistas elite, sub23 e júnior, unha convocatoria da que forman parte catro ciclocrosistas de Galicia: a sub23 Laura Mira (Farto), o sub23 Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz) e as juniors Lorena Patiño (XSM) e Aroa Otero (Supermercados Froiz).
De acordo á guía técnica do Europeo, o sábado disputarase a carreira júnior feminina (11:00h.), sub23 masculina (13:30h.) e elite feminina (15:00h.); e xa o domingo terán lugar as carreiras júnior masculina (11:00h.), sub23 feminina (13:30h.) e elite masculina (15:00h.).
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es