Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Selección de Galicia completou un test de alto nivel na Challenge Cadete Provincia de Salamanca

10 DE JUNIO DE 2024

O quinteto autonómico ofreceu un bo rendemento durante os dous días de competición

A-Seleccion-de-Galicia-completou-un-test-de-alto-nivel-na-Challenge-Cadete-Provincia-de-Salamanca

Cinco corredores cadetes da nosa comunidade descubriron da man da Selección de Galicia o que é o máximo nivel estatal da súa categoría. O combinado autonómico disputou esta fin de semana na IV Challenge Provincia de Salamanca, un evento de refencia para a canteira do ciclismo español de Estrada que congregou a 35 equipos e a 180 participantes. Nun pelotón dun tamaño ao que non están acostumados, os representantes da Federación Ciclismo Galego (FCG) deron a talla. 

O quinteto dirixido polo seleccionador Jacobo Ucha ofreceu un bo rendemento nos dous días de competición. A primeira xornada, de 63,4 quilómetros entre as poboacións de Moriscos e Villares de la Reina, adaptábase ás características dos rodadores e a carreira rachouse nunha subida de 1,5 km de sterrato. Todos os compoñentes da Selección de Breogán (Lucas Blanco, Rodrigo García, Nicolás Puga, Anxo Suárez e Xian Rodríguez) remataron no mesmo grupo a 1 minuto e 8 segundos do gañador, o asturiano Martín Fernández (MMR Academy). O conxunto da FCG asinou a sétima praza por equipos. 

imagen

O domingo chegou o terreo dos escaladores. Un porto de 6 km, ao 6% de pendente media, provocou diferenzas na tirada de 62 km con inicio en Las Veguillas e meta en Linares de Ríofrio, onde se impuxo o asturiano Benjamín Noval (MMR Academy. Os corredores da formación autonómica ocuparon postos similares aos da véspera, entre a posición 29 e a 49. Os mellores da Selección na xeral da Challenge foron Lucas Blanco, 29º na táboa absoluta e 6º entre os cadetes de primeiro ano, e Nicolás Puga, 34º na clasificación global e 8º entre os ciclistas que esta temporada se estrean na categoría. 

"En xeral, a experiencia resultou moi positiva para os cinco corredores xa que era a primeira vez que afrontaban unha proba estatal desta dimensión", valora Jacobo Ucha. O seleccionador apunta que "esta volta, tanto por nivel como polo seu emprezamento no calendario, resulta moi interesante para preparar os Campionatos de España que se celebrarán en Avilés a comezos de xullo".

Os cadetes galegos atópanse nunha das fases máis atractivas da temporada. Na nosa comunidade haberá carreiras todas as fins de semana ata a do Campionato de España. Este vindeiro sábado a Copa Galicia do Porvir chegará a Viveiro cun selectivo final no Alto de San Roque; o seguinte sábado será a quenda do Memorial Xosé Antonio López en Monterroso - cun circuíto de 12 km-; e o último sábado deste mes Moaña acollerá o Campionato de Galicia

 

Clasificación día 1

Clasificación día 2

GALERÍA DE FOTOS

A Selección de Galicia completou un test de alto nivel na Challenge Cadete Provincia de Salamanca
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es