31 DE AGOSTO DE 2024
Fotos: RFEC
Ángel Suárez volveu demostrar este sábado en Pal Arinsal (Andorra) que se atopa na elite mundial do Descenso. O elite vigués, referencia estatal da modalidade nos últimos anos, completou unha sensacional baixada no Campionato do Mundo para, por segundo ano consecutivo, concluír como sétimo clasificado entre os mellores especialistas do planeta.
Suárez foi un dos primeiros favoritos en completar a rápida baixada deste Mundial, con non tanta complexidade técnica, pero que esixía a todos os riders non cometer o máis mínimo fallo para poder optar ás medallas. O piloto olívico, con 2:40.028 permanecía no ‘hot seat’ durante un longo período ata que os dez últimos corredores comezaron a mellorar o seu tempo. Finalmente sétima praza a pouco máis dun segundo do novo campión do mundo, o francés Loris Vergier.
O vigués do Frameworks Racing igualou o seu mellor resultado nun Campionato do Mundo o día despois de que os outros dous galegos que representaron á selección española en Andorra brillaran nas carreiras Júnior de XCO. Álex García acadou a sexta posición e Lorena Patiño, a undécima. Polo tanto, o noso BTT ofreceu un fantástico nivel na cita máis importante do ano.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es