Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Convocatoria da Selección de Galicia para a Gipuzkoako Itzulia

03 DE SEPTIEMBRE DE 2024

Seis corredoras cadetes e unha júnior defenderán desde este venres as cores do combinado autonómico nas estradas guipuscoanas

Convocatoria-da-Seleccion-de-Galicia-para-a-Gipuzkoako-Itzulia

Foto: RFEC

A Selección de Galicia de estrada pecha a temporada 2024 pensando no futuro. Co obxectivo de ir formando ás corredoras cadetes de cara ao seu salto de categoría, o combinado da Federación Ciclismo Galego presentarase na liña de saída da Gipuzkoako Itzulia, cita que se disputa nas estradas guipuscoanas dende este venres e ata o domingo. O seleccionador Jacobo Ucha incluíu entre as sete convocadas a unha ciclista júnior que se encargará de guiar ao equipo para que as súas compañeiras progresen en aspectos técnicos e tácticos dentro do pelotón. A lista é a seguinte: 

 

JÚNIOR

Xiana Camiña Expósito (Betanzos, C.C.)

 

CADETE

Inés Santalla Castelo (Cambre, C.C.)

Xiana Mardaraz Seoane (Cambre, C.C.)

Alejandra Neira Domínguez (Cambre, C.C.)

Elba Hermida Bastos (Ponteareas, C.C.)

Alba Gregores López (Ponteareas, C.C.)

Tania Rodríguez Lago (Teis, C.C.)

 

Este edición da Volta Guipúscoa feminina arranca o venres ás 18:00 horas cun prólogo de 1,8 quilómetros en Urnieta. O sábado a actividade trasladarase a Ordizia, punto de saída e de chegada dunha xornada de 34,1 km para as cadetes e de 85,6 km para as juniors e as elite e sub-23. Por último, o domingo en Elgoibar agardan 34 km ás cadetes, 57,5 km ás juniors e 94 km ás elite e sub-23.

 

GALERÍA DE FOTOS

Convocatoria da Selección de Galicia para a Gipuzkoako Itzulia
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es