Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Carlos Canal debutará coa selección española elite no Mundial de Ruanda

15 DE SEPTIEMBRE DE 2025

O corredor limiao afrontará o brutal percorrido de 267,5 quilómetros, con 5.475 metros de desnivel positivo acumulado, o domingo 28 de setembro

Carlos-Canal-debutara-coa-seleccion-espanola-elite-no-Mundial-de-Ruanda

Alejandro Valverde estreáse como seleccionador español contando con Carlos Canal. O corredor limiao do Movistar Team é un dos oito convocados pola lenda murciana para o primeiro Mundial de ciclismo en Estrada que se disputará en África. Aos seus 24 anos, o ourensán debutará co combinado estatal elite masculino o 28 de setembro en Kigali, a capital de Ruanda. 

Os outros sete corredores que defenderán as cores de España na carreira en liña son Juan Ayuso e Marc Soler (UAE Team Emirates), Iván Romeo (Movistar Team), Carlos Verona (Lidl-Trek), Roger Adrià (Red Bull - BORA – Hansgrohe), Raúl García Pierna (Arkéa - B&B Hotels) e Abel Balderstone (Caja Rural-Seguros RGA). 

En Kigali vivirase unha cita histórica, cun brutal percorrido de 267,5 kilómetros e 5.475 metros de desnivel positivo acumulado froito de dar 15 voltas ao circuíto local que presenta as subidas de Kigali Golf (0,8 km ao 8,1% de media con ramplas máximas do 14%) e a ascensión adoquinada a Kimihurura (de 1,3 km e 6,3% de pendente media). A principal diferenza entre a carreira elite masculina e o resto de probas deste Mundial será a inclusión mediada a proba dunha extensión do circuíto que inclúe o paso polo Mont Kigali (5,9 km ao 6,9%), unha esixente subida que se coroará no quilómetro 163.

A convocatoria de Carlos Canal, que vén de finalizar a Vuelta a España no posto 55 da xeral, únese á de Alejandra Neira. A júnior santiaguesa participará na contra o reloxo e na carreira de fondo.

Máis información

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es