Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Cinco parellas con galegos entre as 25 primeiras na 2ª etapa de Colina Triste

07 DE AGOSTO DE 2020

Feijoo baixa ata a duodécima praza da xeral

Cinco-parellas-con-galegos-entre-as-25-primeiras-na-2-etapa-de-Colina-Triste

A etapa máis longa na historia de Colina Triste, proba UCI XC S2, contou con cinco parellas con representación galega entre as 25 primeiras da xornada disputada entre Burgo de Osma (Soria) e Santo Domingo de Silos (Burgos).

Despois de 95 quilómetros, con 1.800 metros de desnivel acumulado, o alaricano Iván Feijoo (Nesta) cruzou a liña de meta na 16ª posición xunto a Kevin Suárez, na 18ª praza rematou o limiao Carlos Canal (Burgos BH) facendo tándem con Pablo Guerrero, o 19º posto ocupárono o macedano Pablo Rodríguez (BH Templo) e Carlos Coloma, 22º rematou o dúo do conxunto dezano Extol MTB Team formado por Javier Busto e Miguel Ángel Arias, e o coruñés Pablo Torres finalizou 23º rodando ao carón de Fabricio Ferrari. 

Tiago Ferreira e Hans Becking (DMT) venceron esta segunda etapa cun tempo de 3:47:26 e son os novos líderes Élite. Feijoo mantense como o mellor galego na clasificación xeral malia perder seis posicións e situarse na duodécima a falta de dúas xornadas. 

Clasificacións

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es