Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Presentada en Negreira a marcha homenaxe "Jesús José Mancebo Rojo"

15 DE NOVIEMBRE DE 2016

Presentada en Negreira a marcha homenaxe "Jesús José Mancebo Rojo"

Presentada-en-Negreira-a-marcha-homenaxe-Jesus-Jose-Mancebo-Rojo

O ciclismo galego homenaxeará este domingo día 20 cunha marcha cicloturista en Negreira a Jesús José Mancebo Rojo, falecido o pasado 1 de setembro nun accidente mentres practicaba a súa gran paixón, o ciclismo. Nesta concentración leerase un manifesto a favor do respeto aos ciclistas co lema "Non máis mortes de ciclistas. ¡Basta xa!”.

Ao acto de presentación que tivo lugar na Casa da Cultura de Negreira asistiron Jorge Tuñas, alcalde de Negreira; Francisco Lens, secretario do Clube Ciclista Negreira; membros do clube BTT Tabernas; Ezequiel Mosquera, exciclista profesional; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo (FGC); e Xosé Anxo Vidal e Guillermo Sande, técnicos da FGC. 

O prazo de inscrición está aberto ata o mediodía deste venres na web www.concellodenegreira.gal .

Ademais, durante a marcha repartirase a cada participante un chaleco de alta visibilidade da campaña #eufagomever promovida pola Delegación do Goberno, a Conselleria de Infrastructuras, a DXT, Garda Civil de Trafico, Secretaría Xeral para o Deporte e a FGC. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es