15 DE JUNIO DE 2021
Cunha renovada convocatoria, na que só repite un corredor respecto ao 2020, Jacobo Ucha estréase como seleccionador de Galicia sub23 no Campionato de España de Estrada que se celebra esta semana na provincia de Alicante. O combinado autonómico contará con dous representantes na contra o reloxo individual do venres e con oito ciclistas na carreira de fondo do sábado.
Os elixidos para a CRI son:
Raúl Casalderrey Esperón G.D. Supermercados Froiz
Guillermo García Janeiro Farto-BTC
Os seleccionados para a proba de fondo son:
Alejandro Paz Albores Aluminios Cortizo
Raúl Casalderrey Esperón G.D. Supermercados Froiz
Manuel Rodríguez Alonso G.D. Supermercados Froiz
Guillermo García Janeiro Farto-BTC
José Carlos Trillo Montero Oiense-Turonia Maglia
Yago Lorenzo Pereira Oiense-Turonia Maglia
Ángel Maneiro Rodríguez Vigo-Rías Baixas
Andrés Taboada Rodríguez Vigo-Rías Baixas
A loita individual contra o reloxo terá como escenario a localidade de Busot. Ás 10:30 horas comezará a competición sobre unha distancia de 24,68 quilómetros.
Ao día seguinte o campionato trasládase a La Nucía para a disputa da carreira en liña a partir das 16:30 horas. No percorrido de 133,4 quilómetros destaca o Alto de Turrón Duro, un porto de case 5 km de lonxitude cun desnivel medio do 8,1% que os participantes deberán ascender en tres ocasións.
A selección que dirixe Ucha poderá aliñar a oito corredores na proba de fondo despois de gañar unha praza máis grazas á celebración o pasado 6 de xuño do Gran Premio Concello do Porriño, un evento no que os ciclistas galegos sumaron puntos no ranking da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) o que permitiu á comunidade subir postos na clasificación por autonomías.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es