Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Outra Semana Santa de diversión e formación co Campus XCO Ciclismo Galego

19 DE FEBRERO DE 2024

Do 25 ao 28 de marzo en Outeiro de Rei

Outra-Semana-Santa-de-diversion-e-formacion-co-Campus-XCO-Ciclismo-Galego

Por terceiro ano consecutivo a Semana Santa é tempo de Cross Country Olímpico para a rapazada. A Federación Ciclismo Galego (FCG) organiza dende o luns 25 de marzo ata o Xoves Santo, o día 28, o seu Campus de XCO na localidade lucense de Outeiro de Rei. Esta proposta de diversión e formación está dirixida a ciclistas federad@s e nad@s no 2008-2013 (Alevíns, Infantís e Cadetes).

O programa deseñado segue a liña do que se realizou nas dúas anteriores edicións, celebradas en Pontevedra e Mondariz-Balneario, e que resultaron todo un éxito. Para profundar na paixón das rapazas e dos rapaces pola especialidade olímpica do BTT, nesta convivencia a bicicleta será a gran protagonista con adestramentos e charlas formativas. @s bikers practicarán outros deportes como tenis e pádel, haberá piscina, actividades de lecer en contacto coa natureza, agasallos... e máis sorpresas. 

A organización do Campus XCO Ciclismo Galego establece un tope de 30 inscritos (15 rapazas e 15 rapaces) e @s interesad@s poden anotarse ata o 19 de marzo. O importe, que inclúe pensión completa, é de 180 euros. Fai click nesta ligazón paa inscribirte 

Apúntate a vivir catro días inesquecibles facendo o que máis che gusta!

GALERÍA DE FOTOS

Outra Semana Santa de diversión e formación co Campus XCO Ciclismo Galego
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es