Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Campus XCO Ciclismo Galego garante diversión e formación na Semana Santa

10 DE MARZO DE 2023

Do 2 ao 4 de abril no Hotel Cemar de Mondariz Balneario. Dirixido a ciclistas federados e nados no 2007-2011

O-Campus-XCO-Ciclismo-Galego-garante-diversion-e-formacion-na-Semana-Santa

A Federación Ciclismo Galego (FCG) ofrece unha Semana Santa cargada de ciclismo. Se o mércores e o xoves vanse celebrar en Marín as 'Xornadas de Tecnificación Mulleres Ciclistas', os días anteriores será tempo de profundar na paixón das rapazas e dos rapaces polo Cross Country Olímpico. Do domingo 2 de abril ao martes 4 vai ter lugar no Hotel Cemar de Mondariz Balneario a segunda edición do Campus XCO Ciclismo Galego. 

Esta proposta de diversión e formación está dirixida a ciclistas federad@s e nad@s no 2007-2011 (Alevíns de 2º ano, Infantís e Cadetes). O programa deseñado segue a liña do que se realizou o ano pasado na primeira edición. Daquela en Pontevedra, resultou todo un éxito

Durante tres días a bici será a gran protagonista na contorna do Hotel Cemar, nos concellos de Mondariz e Ponteareas. As sesións de BTT XCO, unha delas nunha pista de Pump Track, compleméntanse con charlas. Á primeira, o domingo ás 10:30 horas, tamén poden asistir os pais aproveitando a apertura do Campus. Titúlase 'Como axudar a que o meu fillo desfrute máis do ciclismo' e encargarase de impartila o psicólogo deportivo Jorge Carril (Deportivamentes). 

Os seus coñecementos sobre a mecánica compartiraos Pablo Alfaya (Bicimecánica Porto), de estiramentos e adestramentos aprenderase da man de Emilio de la Campa (fisioterapeuta da selección española de BTT e con experiencia en equipos como o MMR) e a formación técnica correrá a cargo do seleccionador autonómico Alberto del Río, a súa vez director do Campus. Ademais, hai previstas actividades especiais como paintball e karaoke. 

A organización establece un tope de 30 inscritos (15 rapazas e 15 rapaces) e @s interesad@s poden anotarse ata o 28 de marzo. O importe, que inclúe pensión completa, é de 100 euros. Fai click nesta ligazón para inscribirte

DOCUMENTOS ADJUNTOS

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es