Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Galicia cólgase o ouro de Lorena Patiño e a prata de Alejandro García nas carreiras juniors do Campionato de España de XCO

14 DE JULIO DE 2024

A marinense acadou o seu terceiro título estatal consecutivo, o primeiro como xuvenil, en Cross Country Olímpico e o carballiñés cedeu a coroa nun igualado man a man co andaluz Hugo Franco

Galicia-colgase-o-ouro-de-Lorena-Patino-e-a-prata-de-Alejandro-Garcia-nas-carreiras-juniors-do-Campionato-de-Espana-de-XCO

As dúas grandes promesas galegas do Cross Country Olímpico luciron as cores da Selección de Breogán no podio do Campionato de España de BTT XCO-XCE-XCR-XCC que ata este domingo se celebrou en El Almendro (Huelva). A marinense Lorena Patiño conquistou a camisola estatal júnior e na carreira masculina da mesma categoría o carballiñés Alejandro García obtivo a medalla de prata. O combinado da Federación Ciclismo Galego tamén participou na proba elite feminina e a súa representante Lara Lois non puido revalidar o título.

A expedición dirixida polo seleccionador galego Alberto del Río estivo composta por nove bikers e no circuíto onubense tivo que adaptarse a dous factores: á calor e a un terreo moi seco. No seu primeiro campionato de XCO como júnior, despois de ter logrado dúas coroas cadetes de xeito consecutivo, Lorena Patiño deu continuidade a súa xeira dourada. A corredora do XSM amosouse intratable. Dominando de principio a fin, completou o percorrido en 1 hora 17 minutos e 20 segundos, avantaxando en 3’43” á segunda clasificada Ana María Mena (Andaluza), que superou ao esprint a Mónica Estrada (La Rioja).

imagen

As dúas compañeiras de Lorena Patiño no equipo júnior feminino de Galicia remataron entre as dez primeiras. Aroa Otero alcanzou a quinta posición e Marta Estévez, a novena. Ningunha outra selección autonómica contou con tres corredoras no top-10.

As xuvenís compartiron quenda coas elites, categoría na que Lara Lois defendía a condición de campioa estatal acadada o ano pasado en Sabiñánigo. A grovense non estivo nesta ocasión metida na loita polas medallas. Finalizou sexta, quedando a 6’ do podio, unha carreira que se apuntou Estíbaliz Sagardoy (Saltoki-Conor).

O título estatal tamén lle tocou poñelo en xogo a Alejandro García na carreira na júnior e o do Carballiño mantivo opcións de reter o maillot rojigualda ata a última volta ao circuíto. O biker do Academia Postal – Maceda conseguiu responder a un primeiro intento en solitario de Hugo Franco (La Nucía – BH) e o man a man resolveuse nun descenso dentro do derradeiro xiro ao circuíto. A habilidade do andaluz nesa baixada permitiulle vencer por 23” de vantaxe respecto ao ourensán. A medalla de bronce correspondeu a Guillermo Parrado (Andalucía), terceiro a 44” do gañador.

imagen

A Selección de Galicia aliñou a outros catro xuvenís. Adrián Caamaño concluíu 20º, Martín Díaz ocupou a 25ª posición, Antonio Casal a 30ª e Mauro Vega, a 54ª. Nicolás Fernández, competindo co Coruxo, acabou 43º. 

Masters e Eliminator

Ao balance galego en El Almendro hai que engadir tres metais logrados por corredores que representaron aos seus clubs. Nas carreiras dos grupos de idade Máster de XCO, Manuel Bugallo (Biciosos – Rías Baixas) proclamouse campión 60A e Jorge Aguín (Moto Bike) colgouse a medalla de prata nos 40A. Outro resultado sobranceiro asinouno Manuel Ángel Parada (Xesteiras), quinto nos 30B. En canto á especialidade de Eliminator (XCE), Alberto Pedreira (Bici Verde) meteuse na final a catro e fíxose co bronce. O porriñés foi o mellor da nosa comunidade na carreira elite de XCO (21º). 

Máis información

 

GALERÍA DE FOTOS

Galicia cólgase o ouro de Lorena Patiño e a prata de Alejandro García nas carreiras juniors do Campionato de España de XCO
Galicia cólgase o ouro de Lorena Patiño e a prata de Alejandro García nas carreiras juniors do Campionato de España de XCO
Galicia cólgase o ouro de Lorena Patiño e a prata de Alejandro García nas carreiras juniors do Campionato de España de XCO
Galicia cólgase o ouro de Lorena Patiño e a prata de Alejandro García nas carreiras juniors do Campionato de España de XCO
Galicia cólgase o ouro de Lorena Patiño e a prata de Alejandro García nas carreiras juniors do Campionato de España de XCO
Galicia cólgase o ouro de Lorena Patiño e a prata de Alejandro García nas carreiras juniors do Campionato de España de XCO
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es