Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Laura Carrera cólgase o bronce no Campionato de España de BMX Freestyle Park

23 DE JUNIO DE 2022

Rebeca Dávila, tamén do Cromoly, rematou cuarta na proba celebrada no marco da Madrid Urban Sports

Laura-Carrera-colgase-o-bronce-no-Campionato-de-Espana-de-BMX-Freestyle-Park

Catro riders galegos participaron do 10 ao 12 de xuño no Campionato de España de BMX Freestyle Park celebrado no marco da Madrid Urban Sports e unha medalla veuse para a nosa comunidade. Laura Carrera (BMX Cromoly) obtivo a terceira posición na proba feminina. É a primeira vez que esta viguesa pisa o caixón da gran cita estatal.

Teresa-Fernández Miranda, a gran dominadora española desta especialidade, conseguiu o seu cuarto título consecutivo. A madrileña sumou 80 puntos e a segunda clasificada, a andaluza María Vallejo, acumulou 47,33 puntos. O bronce de Carrera, rider da parroquia de Sárdoma, chegou grazas a unha actuación saldada con 39 puntos, o que lle permitiu rematar xusto por diante da súa compañeira de equipo, e tamén viguesa, Rebeca Dávila. 

Outra dobre presenza galega rexistrouse na competición masculina. Saúl Vilar (BMX Cromoly) obtivo a sétima posición e Álex Martínez (Fornelos de Montes), a 16ª. Coa vitoria fíxose o madrileño Miguel Ángel Jodar (Laesport).

Clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

Laura Carrera cólgase o bronce no Campionato de España de BMX Freestyle Park
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es