Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Laura Carrera regresa ao podio do Campionato de España de BMX Freestyle Park

21 DE SEPTIEMBRE DE 2024

Saúl Vilar quedou cuarto na proba raíña masculina

Laura-Carrera-sobe-un-chanzo-no-podio-do-Campionato-de-Espana-de-BMX-Freestyle-Park

Tras rozala o ano pasado, Laura Carrera volveu acadar unha medalla no Campionato de España de BMX Freestyle Park. Bronce no 2022 e cuarta no 2023, a rider viguesa fíxose a pasada fin de semana co metal de prata na competición disputada no marco do festival de deportes urbanos Extreme Barcelona. Nesta cita estivo a piques de chegar un segundo podio para o conxunto olívico do BMX Cromoly posto que Saúl Vilar clasificouse cuarto na proba raíña masculina. 

A favorita Teresa Fernández-Mirada impúxose entre as mulleres por quinto ano consecutivo. A de Valladolid, principal referente estatal desta especialidade, foi a única rider que mellorou a actuación de Laura Carrera. O terceiro chanzo do caixón correspondeu á vasca Maialen Seisdedos. 

O sub-23 Saúl Vilar, de 17 anos, sumou 71,67 puntos na cita previa a súa participación no Campionato de Europa. O vigués quedou a 2,16 puntos da terceira praza, unha posición que se adxudicou o catalán Pol Díaz. O gañador, o castelanleonés Daniel Peñafiel, apuntouse o título con 84 puntos. Entre os dez primeiros finalizou o cambrés Adrián Ventureira, sexto con 69 puntos. 

Máis información

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es