08 DE SEPTIEMBRE DE 2025
Fotos: La Región
Por segunda fin de semana consecutiva o Maese Riders Team organizou un evento do calendario autonómico de Pump Track. Se o pasado domingo tivo lugar no Pereiro de Aguiar o Campionato de Galicia, onte a acción trasladouse a Ourense cidade na cuarta cita da Copa Galicia. A categoría cadete, por medio de Paula Rodríguez (Val do Ulló) e de Miguel Blanco (A Forna), asinou os tempos scratch na pista dos Parque das Letras, onde non se rexistrou ningún cambio de líder.
A mellor marca entre o centenar de participantes no III Pump Track Concello de Ourense obtívoa o portador da camisola que identifica ao primeiro clasificado na xeral cadete da Copa. Un 'crono' de 14.145 segundos outorgoulle o triunfo absoluto a Miguel Blanco por diante doutro rider da súa categoría, Izan Lago (Val do Ulló), que fixo 14.266. Ao líder júnior Pedro Fernández (OsdoSacho) correspondeulla a terceiro praza con 14.305, mentres que cuarto finalizou o cadete Noé Porto (Máster da Louriña) -cun rexistro de 14.387- e os cinco primeiros postos pechounos o vencedor máster-30 Alejandro Pérez (Maese Ourense) grazas a un tempo de 14.769.
Raíña scratch a fin de semana anterior no Campionato de Galicia, a cadete Paula Rodríguez repetiu como a muller máis rápida na capital da súa provincia. Detivo o cronómetro en 15.750, batendo á 'nena marabilla' do Pump Track galego, á alevín Vera Rodríguez (Lasal Cocinas-Craega Kids), segunda con 16.832. Dos 17 segundos tamén baixou a primeira infantil, Jimena Novo (Farto), que na súa mellor quenda marcou 16.879. A cuarta e a quinta praza absolutas conseguíronas, respectivamente, as infantís Inés Araújo (VigoEnduro) -17.078- e Carla Pérez (Val do Ulló) -17.207-.
Iker Viéitez (Teis) nos infantís, Raúl Freiría (OsdoSacho) nos sub-23, Alejandra Chapela (VK Bikes) nas elites, Sergio Piñeira (VK Bikes) nos elites, Tamara Santos (VK Bikes) nas máster-40, Francisco Manuel Lorenzo (Bike Ou non Vai) nos máster-40, Rosa María López (Maese Ourense) nas máster-50, Alberto Manuel García (Maese Ourense) e José Luis Yusto (Mountain-Bike Benavente) impuxéronse nas categorías da Copa Galicia que non contaron con representación nos top-5 scracth.
Estes resultados apuntalan a nómina de líderes do certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego. A falta de dúas xornadas, a do 27 de setembro en Miño e a do 5 de outubro no Pereiro de Aguiar, continúan á fronte das clasificacións xerais Inés Araújo e Iker Viéitez en Infantil, Paula Fernández e Miguel Blanco en Cadete, Pedro Fernández en Júnior, Alba Fernández (Pontebike) e Iván García (Val do Ulló) en Sub-23, Alejandra Chapela e Javier Novo (BDM) en Elite, Ana Santos (VK Bikes) e Alejandro Pérez en Máster-30, Tamara Santos e Francisco Manuel Lorenzo en Máster-40, Rosa María López e Alberto Manuel García (Maese Ourense) en Máster-50, e Antonio Piñeiro (Maese Ourense) en Máster-60.
No que respecta ás categorías de promoción, sen puntos en xogo para a Copa, subiron ao máis alto do podio Sofía Casal (Val do Ulló) e Noel Vidal (Val do Ulló) en Promesas, Lois Rodríguez (Ribadumia) en Principiante, e Vera Rodríguez e Leo Díaz (Pontebike) en Alevín.
Toda a información sobre o certame galego de Pump Track podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaPT25 e na súa sección dentro da páxina web da FCG.
BTT
BTT
BTT
SELECCIÓNS
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es