Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O ciclismo galego loita contra o reloxo este luns en Baños de Molgas

11 DE OCTUBRE DE 2020

Case 300 participantes no primeiro campionato autonómico do 2020, que se celebrará baixo as máis estritas medidas de seguridade pola Covid-19

O-ciclismo-galego-loita-contra-o-reloxo-este-luns-en-Banos-de-Molgas-

Foto: Patricia Rivera

Un percorrido de 13 quilómetros exercerá de xuíz este luns no primeiro reparto de coroas do ciclismo autonómico no 2020. A vila termal de Baños de Molgas acolle o Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual (CRI) – Copa Deputación de Ourense. Case 300 participantes serán os protagonistas dun evento que se celebrará baixo as máis estritas medidas de seguridade pola Covid-19.

A paraciclista Mila López (Riazor) abrirá á competición ás 11:00 horas dando inicio a un carrusel de saídas que seguirá a seguinte orde por categorías: adaptada, máster-60 masculina, cadetes, máster-50 masculina, máster-40 feminina, máster-30 feminina, máster-40 masculina, máster-30 masculina, juniors, sub23 feminina, elite feminina, sub23 masculina e elite masculina. O último corredor en entrar en acción será Samuel Blanco (Supermercados Froiz), defensor do título na categoría raíña masculina.

O Club Ciclista ADO Moure e a Federación Galega organizan esta cita na que se porá en práctica o protocolo da nova normalidade do ciclismo. Os corredores deberán ter posta a máscara ata 30 segundos antes de empezar a darlle os pedais e gardala na súa roupa de competición para volver poñela unha vez crucen a liña de meta. Ningún técnico nin acompañante poderá estar na zona de saída nin de chegada

O circuíto que comeza e conclúe no lugar dos Milagres do Medo pode dividirse en dúas partes. Guillermo Sande, director técnico da Federación Galega de Ciclismo, explicou na presentación do campionato que o trazado ten dúas partes ben diferenciadas. Unha primeira de 5 km, “moi técnica e onde o máis importante non é a velocidade, senón as habilidades do ciclista”, e un segundo treito no que "primará a forza”.

Orde de saída 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es