Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Campionato de Galicia Infantil celebra a súa segunda edición no Gran Premio Cidade da Coruña

18 DE SEPTIEMBRE DE 2025

A cita deste sábado terá lugar no circuíto con saída e chegada nas inmediacións de Riazor

O-Campionato-de-Galicia-Infantil-celebra-a-sua-segunda-edicion-no-Gran-Premio-Cidade-da-Coruna

Foto: Luz Iglesias

A rolda de catro Campionatos de Galicia que se disputarán esta fin de semana ábrese o sábado pola tarde coa categoría máis nova que opta aos títulos autonómicos. O pelotón Infantil de Estrada competirá por segunda temporada consecutiva polas camisolas da Federación Ciclismo Galego. Despois de estrearse o ano pasado en Viveiro, esta vez a proba máis agardada do ano forma parte programa do Gran Premio Cidade da Coruña. 

A terceira edición do evento organizado polo Club Tríatlon Coruña reunirá nas inmediacións de Riazor a 190 participantes dende a categoría Promesa ata a Júnior Feminina. A primeira carreira da xornada será a cadete masculina, ás 15:30 horas, e as dúas infantís celebraranse a partir das 17:00 horas, primeiro a masculina e a continuación a feminina. A entrega de premios está prevista para todas as categorías ás 19:00 horas. 

imagen

O percorrido das carreiras infantís consta de dúas voltas ao circuíto longo, sumando un total de 15,8 quilómetros. Coa liña de saída e de chegada diante da chaira do Palacio de Deportes de Riazor, o trazado consiste nun ida e volta pola Avenida de Buenos Aires, Paseo de Ronda, Avenida San Roque de Afuera, Avenida Gerardo Porto, Avenida Fernando Suárez García e o Poboado O Portiño, onde se realiza un xiro de 180 graos. 

A pasada campaña o Club Ciclista Cambre impúxose por partida dobre no primeiro Campionato de Galicia Infantil. As vitorias acadáronas Vega Aldrey e Adrián Vilanova, dous ciclistas que este ano compiten na categoría cadete. Polo tanto, está garantido que a vencedora e o vencedor na Coruña inaugurarán a súa conta de coroas autonómicas de fondo en Estrada. 

Os outros tres Campionatos de Galicia desta fin de semana chegarán o domingo: o de Estrada Júnior Masculino dispútase no Trofeo Portus Apostoli, o de BTT Maratón no XCM Condado-Paradanta e o de Descenso no DH A Fracha.

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es