04 DE AGOSTO DE 2022
Foto: Luz Iglesias
O ciclocrós galego volve bater o seu récord na temporada 2022-2023. Dende o 8 de outubro ata o 6 de xaneiro a nosa comunidade será o escenario de 20 probas: as 5 primeiras serán de carácter internacional, as 14 seguintes da Copa Galicia e a última, xa no 2023, exercerá de campionato autonómico.
Dos 17 eventos que se celebraron a pasada campaña, repiten 15. As incorporacións son o Ciclocrós Internacional Lago das Pontes (12 outubro), o Ciclocrós Apersa Audi Concello de Barbadás (19 novembro), a I Proba Concello de Santiso (4 decembro), o Gran Premio Ciclocrós Deputación de Lugo (8 decembro) e o Trofeo A Laboral (31 decembro).
Outra das novidades vivirase na xornada inaugural da Copa Galicia. O V CX Caimanes Betanzos disputarase en horario nocturno.
Citas internacionais
O repóker de probas pertencentes ao calendario UCI (Unión Ciclista Internacional) concentrarase no mes de outubro. Durante oito días Galicia converterase na referencia do ciclocrós en Europa. O día 8 abrirase este bloque de competicións co Gran Premio Cidade de Pontevedra, que por segundo ano consecutivo gozará da categoría UCI C1. A Illa das Esculturas acollerá un novo ensaio xeral o ensaio xeral para o Campionato de Europa que no 2024 terá lugar no circuíto ao carón do Lérez.
Repetindo a fórmula das últimas temporadas, ao día seguinte (9 de outubro) o Ciclocross Internacional XaxanCX pechará a fin de semana. A xornada dominical organizada polo XSM de Marín no trazado de Chan de Gagán mantense como evento C2, o mesmo rango que as tres probas que se estrearán no panorama UCI.
O 12 de outubro, festivo estatal, chegará a primeira edición do Ciclocrós Internacional Lago das Pontes, evento impulsado polo Club Ciclista Vilalba-As Pontes. A localidade coruñesa entra pola porta grande no calendario e exercerá de ponte con outra fin de semana de dobre cita con esta modalidade na provincia de Pontevedra.
O Concello de Ribadumia recuperou o pasado mes de novembro a súa aposta polo CX, quince anos despois de ter vivido un Campionato de España, e o vindeiro 15 de outubro dará un paso máis co bautizo do seu Ciclocrós Internacional. Ao mesmo desafío que o Club Ciclista Ribadumia lánzase o Club Ciclista Corbelo. Tras poñer en marcha no 2020 o Ciclocrós Con da Romaíña-Concello de Sanxenxo, na súa terceira edición a proba lucirá por primera vez no seu nome a catalogación de Internacional.
OUTUBRO |
||||
08-out |
GRAN PREMIO CIDADE DE PONTEVEDRA |
FGC |
INTER. C1 |
Copa de España |
09-out |
CICLOCROSS INTERNACIONAL XAXANCX |
X.S.M C.C. |
INTER. C2 |
|
12-out |
CICLOCROSS INTERNACIONAL LAGO DE AS PONTES |
VILALBA-AS PONTES, C.C. |
INTER. C2 |
|
15-out |
CICLOCROSS INTERNACIONAL CONCELLO DE RIBADUMIA |
RIBADUMIA C.C. |
INTER. C2 |
|
16-out |
III CICLOCROSS INTERNACIONAL CON DA ROMAIÑA |
CORBELO C.C. |
INTER. C2 |
|
22-out |
V CX CAIMANES BETANZOS |
CAIMANES, C.C. |
1.33.5 |
Copa Galicia |
23-out |
VI CICLOCROSS VAL DE ESMELLE |
ESMELLE, C.C. |
1.33.5 |
Copa Galicia |
29-out |
XX CICLOCROSS CIDADE DE SANTIAGO |
COMPOSTELANO, C.C. |
1.33.A |
Copa Galicia |
NOVEMBRO |
||||
01-nov |
XIII CICLOCROSS CONCELLO DE CAMBRE |
CAMBRE, C.C. |
1.33.5 |
Copa Galicia |
12-nov |
XXIV TROFEO MONTES DE EIRAS DE CICLOCROSS |
O ROSAL, C.C. |
1.33.5 |
Copa Galicia |
19-nov |
I CICLOCROSS APERSA AUDI CONCELLO DE BARBADAS |
OURENSE TERMAL C.C. |
1.33.A |
Copa Galicia |
26-nov |
V TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DO PORRIÑO |
AVANZA, A.D. |
1.33.5 |
Copa Galicia |
27-nov |
XV CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA |
MACEDA, C.C. |
1.33.5 |
Copa Galicia |
DECEMBRO |
||||
04-dec |
I PRUEBA AYUNTAMIENTO DE SANTISO |
COMPOSTELANO, C.C. |
1.33.A |
Copa Galicia |
06-dec |
XXXV TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DE BOIRO |
BARBANZA, C.C. |
1.33.5 |
Copa Galicia |
08-dec |
GRAN PREMIO CICLOCROSS DIPUTACION DE LUGO |
TEAM BIKE OUTEIRO DE REI C. |
1.33.5 |
Copa Galicia |
10-dec |
II CICLOCROSS CONCELLO DE NIGRAN ZFV-PORTO DO MOLLE |
CORUXO C.C. |
1.33.5 |
Copa Galicia |
11-dec |
2º CICLOCROSS BORJA GOMEZ MENDEZ |
PONTEAREAS C.C. |
1.33.5 |
Copa Galicia |
31-dec |
COPA DE GALICIA CICLOCROS. TROFEO A LABORAL |
MONTE XALO P.C. |
1.33.5 |
Copa Galicia |
XANEIRO |
||||
06-xan |
5 CICLOCROOS POIO MOVESE - CAMPIONATO DE GALICIA |
POIO BIKE C. |
1.33.5 |
Campionato de Galicia |
CICLOCROSS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es