02 DE NOVIEMBRE DE 2025
Foto: Concello do Porriño
A Copa Galicia de Ciclocrós 2025-2026 regresa ao Porriño para celebrar a súa quinta cita do calendario. Despois de ter iniciado a competición nesta mesma localidade co VIII Trofeo Ciclocross Avanza Concello do Porriño, o vindeiro domingo, 9 de novembro, celebrarase o IV Trofeo Ciclocross Grupeta Pan de Zarko. Será a partir das 10:00 horas no Polígono Industrial de Cataboi.
A quinta xornada puntuable para o certame autonómico está organizada polo Club Ciclista Grupeta Pan de Zarko e contará cun amplo abano de categorías, tanto na modalidade masculina como feminina, desde cadete, infantil e júnior, a sub-23, elite e master 30, 40 e 50/60 que deberán completar un circuíto de preto de 3 quilómetros, cualificado pola organización como “largo e duro”. Haberá dous actos de entrega de premios, un sobre ás 12:00 e outro ás 14:30 horas aproximadamente. As categorías elite e sub-23 recibirán un premio en metálico e as restantes trofeos.

Dende a organización, espérase a participación de entre 300 e 350 ciclistas, con todo o prazo de inscrición continúa aberto ata as 23:59 horas do vindeiro mércores 5 de novembro, de xeito telemático a través da páxina web da Federación Ciclismo Galego. Fai click neste enlace para apuntarte.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia deste evento para o municipio, “estamos encantados de volver acoller unha proba da Copa Galicia de Ciclocrós. Este evento non só pon de relevo a vitalidade do deporte na nosa localidade, senón que tamén atrae afeccionados e participantes de toda Galicia, xerando un ambiente festivo e de promoción do deporte”, indicou durante o acto de presentación ao que asistiron o presidente e o secretario do Grupeta Pan de Zarko, Jose Roberto Ramírez e Pablo Márquez, respectivamente, e, por parte da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz e Óscar Sánchez, presidente e vicepresidente, ademais de integrantes do club e colaboradores da proba.
O IV Trofeo Ciclocross Grupeta Pan de Zarko promete ser un gran espectáculo para os afeccionados e competidores, reforzando a importancia do Porriño como referencia do ciclocrós galego, en particular e do deporte en xeral.
Toda a información sobre a Copa Galicia de Ciclocrós está dispoñible na súa sección dentro desta mesma páxina web e tamén podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaCX
Fonte: Concello do Porriño
CICLOCROSS
FORMACIÓN
CICLOCROSS
CICLOCROSS
CICLOCROSS
CICLOCROSS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es