29 DE OCTUBRE DE 2024
Este domingo 3 de novembro dispútanse as probas junior, sub-23 e elite tanto masculino como feminino na Illa das Esculturas. A pelexa das seleccións estatais por proclamar aos novos Campións de Europa terá un escenario espectacular cun circuíto que xa acollerá o venres as probas máster e o sábado o Team Relay.
185 ciclistas de 19 países participarán nas diferentes probas. Os seis títulos en xogo convocan á gran maioría de actuais campións do continente, buscando revalidar a súa camisola, así como aos mellores aspirantes coa ilusión de vestirse de Campións de Europa.
Na carreira elite masculina, espérase un novo capítulo do desafío entre os corredores belgas e holandeses. As dúas seleccións aliñarán na saída varios dos seus referentes, con mención especial ao español Felipe Orts que buscará o podio nun gran arranque da temporada. O equipo belga, ademais do vixente Campión de Europa Michael Vanthourenhout (tamén primeiro en 2022) contará cos ex campións de Europa Toon Aerts (2016) e Eli Iserbyt (2020), así como cos mozos Thibau Nys (fillo do mítico campión de CX, Sven Nys) e Niels Vandeputte. Lars van der Haar, gañador do primeiro título europeo elite en 2015 e campión de Europa en 2021, será o encargado de liderar o equipo holandés, no que tamén estarán Ryan Kamp e Pim Ronhaar.
A vixente campioa do mundo Fem van Empel (Países Baixos) e as súas compatriotas Lucinda Brand e Ceylin del Carmen Alvarado serán as estrelas da carreira feminina, xunto con Denise Betsema e Annemarie Worst, así como a belga Sanne Cant, a francesa Hélène Clauzel e a italiana Sara Casasola. A española Lucía González pelexará por un gran resultado nesta competición.
En sub-23, Jente Michiels (Bélxica), Marie Schreiber (Luxemburgo), Célia Grey (Francia) e Kristýna Zemanová (Chequia) serán as referencias. Os galegos Miguel Rodríguez e Tomás Pombo serán as referencias españolas. Para a proba feminina, Laura Mira e a galega Aroa Otero pelexarán polo título.
Entre os protagonistas previstos nas probas júnior figuran Kryštof Bažant (Chequia), os belgas Arthur Van Dean Boer, Mats Vanden Eynde, Giel Lejeune e o austriaco Valentin Hofer. En canto á representación española, os galegos Néstor Frías e Raúl Puelles estarán entre os participantes. A moza Anja Grossmann (Suíza) é a favorita en categoría junior feminina, pero terá a unha rival de moitísimo nivel como é a galega Lorena Patiño.
CICLOCROSS
EVENTOS
CICLOCROSS
CICLOCROSS
CICLOCROSS
CICLOCROSS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es