Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Italia, nova campioa de Europa de Team Relay en Pontevedra; España leva o bronce

02 DE NOVIEMBRE DE 2024

A júnior marinense Lorena Patiño, o sub-23 ponteareán Miguel Rodríguez e a sub-23 porriñesa Aroa Otero formaron parte do sexteto da selección anfitrioa

Italia-nova-campioa-de-Europa-de-Team-Relay-en-Pontevedra-Espana-leva-o-bronce

Catro seleccións estatais participaron na proba do Team Relay do Campionato de Europa de ciclocrós, cos franceses como vixentes campións de Europa que non puideron repetir en Pontevedra debido ao dominio da selección italiana de principio a fin, pasando todas as voltas na cabeza.

No primeiro xiro, o dominio foise alternando entre o sub-23 ponteareán Miguel Rodríguez e o italiano Federico Ceolin que chegaron á meta cunha lixeira vantaxe sobre o francés Théophile Vassal. Xa na segunda volta, o júnior italiano Mattia Agostinacchio non lograba soltarse do asturiano Benjamín Noval mentres que o francés Aubin Sparfel vía como se lles escapaban os dous de cabeza. Na seguinte volta, a júnior Lucia Bramati puido ampliar lixeiramente a súa vantaxe sobre a xuvenil marinense Lorena Patiño, que vía como a francesa Célia Gery facía unha volta espectacular deixando atrás as dúas primeiras malas voltas da selección gala. Conseguía superar a Patiño e enlazaba coa transalpina na cabeza. Aos poucos, a selección francesa e a italiana fóronse entendendo ben na cabeza e nin a sub-23 porriñesa Aroa Otero nin a elite valenciana Sofía Rodríguez lograron recortar a vantaxe para os intereses da selección española.

imagen

Afrontábase a última volta con dúas pelexas claras, a loita polo ouro entre Filippo Agostinacchio e Rémi Lelandais, e a loita polo bronce entre o valenciano Felipe Orts, que lucía un crespón negro en recordo da victimas da DANA na súa terra, e Michael Boros que entrou na loita tras unha impresionante volta da checa Kristyna Zemanova. Serían os taboleiros os que ditarían sentenza na loita pola terceira posición, cun Felipe Orts que unha vez máis mostrou a súa gran habilidade sobre a bicicleta, e que o checo Boros non puido seguir, mentres que na pelexa polo campionato, sería a rampla final a que descartaría da loita ao francés con Agostinacchio. Italia conseguiu levantar os brazos e proclamarse nova campioa de Europa no Team Relay.

imagen

No acto de entrega de premios, estiveron presentes Enrico della Casa, presidente da Unión Europea de Ciclismo e José Luis López Cerrón, presidente da comisión xestora da Real Federación Española de Ciclismo.

Mañá chegará o día grande do Campionato de Europa de Ciclocrós en Pontevedra, coa disputa dos campionatos continentais individuais das categorías junior a partir das 9h; sub-23 a partir das 11h; e elite a partir das 14:10h. As probas junior poderanse seguir en streaming na canle de Youtube da Federación Ciclismo Galego, mentres que as probas sub-23 e a elite contarán con cobertura televisiva en directo. A entrada ao circuíto é gratuíta e todos os asistentes poderán gozar tanto da Zona Expo como das Pulseiras Gastro para consumir nos postos de comida e bebida habilitados.

Clasificación

www.cxpontevedra.com 

GALERÍA DE FOTOS

Italia, nova campioa de Europa de Team Relay en Pontevedra; España leva o bronce
Italia, nova campioa de Europa de Team Relay en Pontevedra; España leva o bronce
Italia, nova campioa de Europa de Team Relay en Pontevedra; España leva o bronce
Italia, nova campioa de Europa de Team Relay en Pontevedra; España leva o bronce
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es