29 DE SEPTIEMBRE DE 2025
Foto: Luz Iglesias
O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio da Copa Galicia de CX entra no seu treito final. O calendario do último certame autonómico do ano arranca o sábado 11 de outubro co VIII Trofeo Ciclocrós Avanza - Concello do Porriño, a primeira das dez xornadas puntuables. Xa te podes inscribir para a cita inaugural.
Durante dous meses a actividade será intensa grazas ao esforzo dos clubs organizadores para sacar adiante os seus eventos. Despois da proba porriñesa, na véspera da Copa de España do día 12 en Marín, a competición continuará en outubro co VIII Ciclocrós Concello de Betanzos, o sábado 18, e o II CX Concello de Taboada, o domingo 26.
Dúas fins de semana concentran as citas en novembro. O día 8 e o 9 disputaranse o XXVII Trofeo Montes de Eiras no Rosal e o IV Trofeo Ciclocrós Grupeta Pan de Zarko - Vila do Porriño, mentres que o 29 e o 30 chegará a quenda do V Ciclocrós Concello de Nigrán - ZFV Porto do Molle e do V Ciclocrós Borja Gómez Méndez en Ponteareas.
A nómina de líderes finais quedará definida na primeira quincena de decembro. A decana do ciclocrós galego, o XXXVIII Ciclocrós Concello de Boiro, mantense na súa tradicional data do 6 de decembro e 24 horas máis tarde a acción regresará no IX Ciclocrós Val de Esmelle en Ferrol. A clausura da Copa Galicia terá lugar o domingo 14 no Ciclocrós Concello de Viveiro, o que supón o regreso da Mariña Lucense ao calendario de CX.
Toda a información sobre a Copa Galicia de Ciclocrós 2025 está dispoñible na súa sección dentro desta mesma páxina web e tamén podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaCX
CALENDARIO
11/10 - VIII Trofeo Ciclocrós Avanza - Concello do Porriño (Avanza, A.D)
18/10 - VIII Ciclocrós Concello de Betanzos (Caimanes Betanzos, C. BTT)
26/10 - II CX Concello de Taboada (Chantadino, C.C.)
8/11 - XXVII Trofeo Montes de Eiras (O Rosal, C.C.)
9/11 - IV Trofeo Ciclocrós Grupeta Pan de Zarko - Vila do Porriño (Grupeta Pan de Zarko, C.)
29/11 - V Ciclocrós Concello de Nigrán - ZFV Porto do Molle (Coruxo, C.C)
30/11 - V Ciclocrós Borja Gómez Méndez (Lynalfa-Ponteareas, C.C.)
6/12 - XXXVIII Ciclocrós Concello de Boiro (Barbanza, C.C.)
7/12 - IX Ciclocrós Val de Esmelle (Esmelle Club)
14/12 - Ciclocrós Concello de Viveiro (Gráficas Lar, P.C.)
CICLOCROSS
FORMACIÓN
CICLOCROSS
FORMACIÓN
FORMACIÓN
CICLOCROSS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es