06 DE JULIO DE 2023
Por terceiro ano consecutivo a Federación Ciclismo Galego organiza durante o verán un campus de ciclocrós. A localidade pontevedresa de Marín será o escenario durante catro días, do 7 ao 10 de agosto, dunha convivencia destinada a rapazas e rapaces nados entre o 2006 e 2009 (Infantís de 2º ano - Cadetes - Juniors de 1º ano). Fai click nesta ligazón para inscribirte.
O Campus Ciclocrós Ciclismo Galego persegue profundizar na paixón por unha especialidade que non deixa de crecer na nosa comunidade. O programa desta iniciativa formativa e lúdica inclúe sesións prácticas, teóricas e actividades de lecer. O grupo hospedarase nas instalacións do Colexio SEI San Narciso e este campamento conta co apoio do Concello de Marín.
Para poder participar nesta convivencia é necesario estar en posesión da licenza federativa da FCG. O número máximo de participantes no campus é de 30 ciclistas (15 nenos e 15 nenas). O prezo da inscrición é de 120 euros e o prazo para anotarse remata o día 28 de xullo ás 23:59 horas.
CICLOCROSS
CICLOCROSS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CICLOCROSS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es