Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada de Formación para corredores sub23 de estrada

20 DE ENERO DE 2023

Adestramento, convivencia e charla sobre psicoloxía deportiva o 28 de xaneiro en Sanxenxo

Xornada-de-Formacion-para-corredores-sub23-de-estrada

Na antesala de que se active o calendario estatal de estrada, a Federación Ciclismo Galego (FCG) estrena temporada das súas Xornadas de Formación. O sábado 28 de xaneiro daranse cita no concello pontevedrés de Sanxenxo un total de 22 corredores da categoría Sub23 masculina para adestrar, convivir e profundar no campo da psicoloxía deportiva. Unha completa posta a punto de cara á intensa campaña que se aveciña.

Os ciclistas citados por Jacobo Ucha, técnico da FCG e seleccionador galego de estrada, reuniranse ás 09:30 horas no exterior da Piscina Municipal de Portonovo. Unha vez presentado o programa da xornada, comezará un adestramento pola comarca do Salnés que se prolongará ata as 14:00 h.

Despois da ducha, o pelotón sub23 de corredores autonómicos compartirá mesa e mantel nunha comida de grupo que terá lugar no Restaurante O Refugio e a última actividade do día, a partir das 16:30 h., será unha charla sobre psicoloxía deportiva ofrecida por Jorge Carril, de Deportivamentes, na Casa Mariñeiras de Don Fernando. A clausura da convivencia está prevista para as 18:30 h. 

As Xornadas de Formación trátase dunha aposta da FCG posta en marcha no 2021. Con esta iniciativa búscase crear vínculos entre os ciclistas, facer un seguemento dos mesmos e acadar melloras no aspecto psicolóxico. Ao longo dos vindeiros meses aplicarase este mesmo método de traballo con corredoras e corredores doutras categorías. 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es