Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Máis de 100 nenas e nenos disputarán o Mini DHU Mondariz

11 DE ABRIL DE 2019

Máis de 100 nenas e nenos disputarán o Mini DHU Mondariz

Mais-de-100-nenas-e-nenos-disputaran-o-Mini-DHU-Mondariz-

Este sábado celebrarase o I Mini DH Urbano adicado a Borja Gómez Méndez. Trátase da primeira das oito probas que compoñes as Mini DH Galicia Series, unha aposta das escolas galegas por impulsar o Descenso galego, que se atopa en momentos baixos.

Estas oito probas disputaranse ao longo de catro meses, onde nenas e nenos da nosa comunidade e de fóra poderán iniciarse no DH. No caso de Mondariz, xa se pecharon as inscrición chegando a ser 113 as nenas e nenos que gozarán dunha carreira pensada para eles na vila da auga. 

A organización informou que terá agasallos para todos os participantes, así como a presenza no evento da Fundación Dani Rivas. Tamén estará presente Ángel Suárez, biker profesional de DH do equipo TY Mob. Este corredor atópase no top-10 do ránking mundial.

Este evento en Mondariz realízase grazas ao concello desta localidade pontevedresa, ao Club Ciclista Ponteareas e a Sportskids.

 

Fonte: SportsKids

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es