06 DE ABRIL DE 2019
Por primeira vez na historia o ciclismo galego conta cun amplo calendario de Mini DH e en catro meses celebraranse oito eventos de Descenso para cativos e cativas na nosa comunidade. Nacen as Mini DH Galicia Series, unha nova aposta pola canteira desta disciplina que reflicte o bo traballo que se está a realizar nas escolas. O futuro do descenso vívese en Galicia.
A apertura da temporada terá como escenario Mondariz o 13 de abril e estará dedicada a Borja Gómez Méndez, o corredor do Ponteareas, C.C. que é un exemplo de superación para todos os rapaces e rapazas.
A partir do mes de xuño o calendario intensíficase. O día 9 dese mes disputarase o Xaxanbike en Marín e no mesmo concello regresará a acción o día 28 co Mini DH Kamikazes.
Tras as tres primeiras probas na provincia de Pontevedra, ao longo do verán estas Mini DH Series visitarán as outras tres provincias. O 13 de xullo farán parada na localidade lucense de Sarria e unha semana máis tarde chegará a terras coruñesas para IV edición do Val de Esmelle.
A primeira fin de semana de agosto Culleredo acollerá o Mini DH Os Lagartos MTB Center e Ourense pedirá paso o 17 dese mes coa cita en Xunqueira de Espadanedo. A despedida do curso quedará para o 17 de setembro nos montes de Vigo.
Calendario
13/04/2019 I Mini DHU Mondariz dedicado a Borja Gómez Méndez Ponteareas, C.C.
09/06/2019 I Xaxanbike Marín, C.C.
28/06/2019 I Mini DH Kamikazes Kamikazes, C.D.
13/07/2019 Mini DHU Villa de Sarria DH Galicia, C.
20/07/2019 IV Mini DH Val de Esmelle Esmelle Club
03/08/2019 I Mini DH Os Lagartos MTB Center Serbikes Team, C.
17/08/2019 I DH Xunqueira Maceda, C.C.
14/09/2019 I Mini DH Montes de Vigo Coruxo, C.C.
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es