19 DE JULIO DE 2021
Unha experiencia inesquecible. Case medio cento de promesas do ciclismo galego competiron dende o venres ata o domingo defendendo as cores da Selección nos tres Campionatos de España que reuniu a Comunidad de Madrid. O pano a tres xornadas tan intensas como calurosas baixouse coas carreiras juniors de estrada.
Dos 48 ciclistas que formaron parte da expedición do combinado autonómico, catorce participaron nas probas xuvenís en liña da matinal do domingo. Martín Rey conseguiu o mellor resultado de Galicia ao rematar na 23ª posición. Os 122 quilómetros do percorrido para os juniors tamén os completou Sergio Lorenzo, no posto 64º. O mesmo número de corredoras da Selección alcanzou a líña de meta tras os 76 km da carreira feminina. Laura Mira e Sonia Domínguez, 35ª e 43ª respectivamente, compartiron grupo ata os metros finais.
A expedición galega que se desprazou a terras madrileñas para disputar os campionatos estatais Júnior, de Idade Escolar e Infantil BTT regresou con moita aprendizaxe adquirida e con dúas medallas de bronce. Os podios obtivéronos os equipos femininos Cadete e Infantil de BTT.
FORMACIÓN
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es