Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Alejandro Paz logra a quinta posición no Campionato de España CRI Sub-23

21 DE JUNIO DE 2024

O ribeirense asinou o mellor resultado da Selección de Galicia nesta especialidade dende 2019

Alejandro-Paz-logra-a-quinta-posicion-no-Campionato-de-Espana-CRI-Sub-23

Fotos: RFEC

Un sensacional treito final da contra o reloxo, conseguindo o segundo mellor tempo dende o punto intermedio ata a liña de meta, permitiulle a Alejandro Paz meterse no top-5 do Campionato de España de CRI Sub-23 disputado este venres na localidade madrileña de Galapagar. O corredor ribeirense clasificouse quinto, o que supón o mellor resultado da Selección de Galicia nesta especialidade dende o 2019, cando Martín Bouzas rematou subcampión. O combinado da Federación Ciclismo Galego afrontará este sábado con oito ciclistas a proba de fondo. 

A 'crono' presentou un trazado de 33,4 quilómetros e 380 metros de desnivel acumulado. Este percorrido contaba cuns primeiros quilómetros favorables nos que se chegaba a Colmenarejo e Valdemorillo, para encarar posteriormente, tras alcanzar San Lorenzo de El Escorial, un último tramo esixente que picaba de forma continua cara arriba. Undécimo no 2023, o único representante galego nesta proba marcou o noveno mellor tempo no punto intermedio do km 20,7 e dende esa referencia avanzou catro postos para concluír quinto cun tempo de 42 minutos e 2 segundos.

imagen

Paz, ciclista do Padronés-Cortizo, superou por menos de 1" ao sexto clasificado Ibai Azanza (Navarra) e quedou a 2" da cuarta plaza, que correspondeu a Juan Pedro Lozano (Murcia). O título conquistouno Aitor Agirre (Euskadi) cun rexistro de 40'55", segundo finalizou Alberto Fernández (Madrid) a 19" do gañador e terceiro fixo Luis García (Cantabria), a 20". A CRI sub-23 contou con 23 participantes.

En canto á categoría Elite, dous conxuntos da nosa comunidade pisaron o caixón. O Lasal Cocinas-Craega logrou a medalla de prata por medio do abulense Noel Martín e o High Level - Gsport, a de bronce co balear Joan Martín Bennassar. 

PROBA EN LIÑA SUB-23

imagen

A Selección de Galicia compleatará o seu programa no Campionato de España que se celebra ata o domingo na Comunidad de Madrid coa carreira de fondo deste sábado pola tarde en San Lorenzo de El Escorial. Ás 16:00 horas darase a saída a un itinerario de 160,8 km con máis de 2.700 metros de desnivel. Os ciclistas efectuarán catro voltas ao circuíto longo, o que incluirá catro ascensións ata Fresnedillo de la Oliva, para posteriormente realizar tres xiros ao bucle curto, que implicarán un dobre ascenso ao treito inicial da subida a Abantos, antes da resolución fronte ao Monasterio de San Lorenzo. 

Os oito elixidos polo seleccionador galego Jacobo Ucha para esta cita son Alejandro Paz, Martín Rey, Iván Saborido, Iván Belmonte, Miguel Rodríguez, Manuel Rodríguez, Ricardo Buba e Hugo Calvo

Máis información

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es