Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A júnior Lorena Patiño conquista o seu cuarto título consecutivo de campioa de España de XCO

20 DE JULIO DE 2025

O sub-23 Alejandro García (Mondraker) colgouse a medalla de prata. O terceiro podio galego en Baza asinouno Manuel Parada (Xesteiras), segundo nos máster-30B

A-junior-Lorena-Patino-conquista-o-seu-cuarto-titulo-consecutivo-de-campioa-de-Espana-de-XCO

Fotos: RFEC

Dous bikers galegos ratificaron este domingo na localidade granadina de Baza que se atopan entre as principais promesas do Cross Country Olímpico estatal. A marinense Lorena Patiño revalidou a coroa júnior e outorgou por cuarto ano consecutivo un título do Campionato de España de XCO á Selección de Galicia. Pola súa banda, o carballiñés Alejandro García, coas cores do equipo Mondraker, acadou a medalla de prata sub-23 no seu primeiro ano na categoría. A tripla de podios para a nosa comunidade completouse co segundo posto do ribeirense Manuel Parada (Xesteiras) no grupo de idade máster-30B.

A Selección de Galicia dirixida por José Alberto del Río viaxou á provincia de Granada con oito ciclistas e presentaba como opción máis sólida para conseguir un metal a Lorena Patiño. A corredora de Marín poñía en xogo a camisola rojigualda lograda o ano pasado na provincia de Huelva e ofreceu un novo recital en terras andaluzas. Ao remate da primeira das catro voltas ao circuíto David Valero xa rodaba en solitario e cunha vintena de segundos de vantaxe respecto ás súas perseguidoras.

Dobre campioa estatal na súa etapa como cadete, o seu póker de títulos na especialidade olímpica rubricouno cun tempo de 1 hora 8 minutos e 58 segundos. A representante da Selección de Breogán distanciouse finalmente en 2 minutos e 15 segundos de Irene García (Andalucía) e en 3:29 de Kyra Gali (Catalunya), as dúas bikers que a escoltaron na entrega de premios. Lorena Patiño tivo como compañeiras no combinado da Federación Ciclismo Galego a Lara Pita, que rematou 11ª, e a Elba Hermida, clasificada na 31ª posición.

imagen

Galicia tamén compareceu tres corredores na proba júnior masculina. Marcos Rodríguez asinou o mellor resultado pechando o top-10 na décima praza dunha carreira que se adxudicou o asturiano Benjamín Noval (MMR). Xunto ao carballiñés estivo na primeira volta Mauro Vega, pero no terceiro dos cinco xiros ao circuíto tivo que abandonar. A liña de meta si que a puido cruzar Nicolas Fernández, no posto 42º.

imagen

Medalla de prata no 2024 como júnior, Alejandro García repetiu metal na súa estrea na categoría sub-23. O carballiñés do Mondraker Factory Racing mantívose nas primeiras posicións dende que se deu a saída ás 08:30 horas deste domingo. Na primeira carreira da xornada de clausura en Baza, Thibaut François (Canyon) e Aniol Morell (X-Sauce) marcháronse no primeiro terzo dunha proba disputada a seis voltas. Por detrás, o galego pugnaba polo chanzo do podio que quedaba libre con Hugo Franco (BH Coloma), Francesc Barber (BH Coloma) e Raúl Villar (La Rioja). Porén, a falta de dúas voltas os perseguidores tamén pasaron a batallar polo subcampionato debido á caída e abandono de Aniol Morell. Un premio aínda maior que non deixou escapar o biker ourensán.  

Alejandro García deixou atrás aos seus acompañantes para terminar a 40” do hispano-francés Thibaut François e facer segundo con 17” de vantaxe sobre Francesc Barber. Unha sensacional actuación que reforza a moral do corredor do Carballiño na antesala de asistir esta semana coa selección española ao Campionato de Europa que se celebrará en Melgaço (Portugal). Nesta localidade fronteiriza con Galicia tamén Lorena Patiño formará parte da selección española.

imagen

A competición sub-23 en Baza finalizárona Martín Díaz na 28ª praza e Denis González na 31ª. Este dúo do combinado galego participou na véspera no Short Track (XCC) clasificándose 15º e 20º respectivamente.

Ao balance do BTT da nosa comunidade neste Campionato XCO/XCC/XCR hai que engadir a prata que se colgou o máster-30B Manuel Parada na especialidade de Cross Country Olímpico. O ribeirense do CDM Xesteiras acabou segundo no seu grupo de idade, a 42” do vencedor Gonzalo Huerta (Comunitat Valenciana), e cuarto na táboa absoluta máster-30.

imagen

Máis información

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es