20 DE ENERO DE 2026
A flamante campioa de España sub-23 aparece por primeira vez esta temporada nunha convocatoria do combinado estatal de Ciclocrós. A marinense Lorena Patiño forma parte da lista confeccionada polo seleccionador Javier Ruiz de Larrinaga para disputar este domingo, día 25, a Copa do Mundo de Hoogerheide. A histórica proba neerlandesa exerce esta campaña de antesala do Mundial que se celebrará a vindeira semana, do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro, tamén nos Países Baixos, no circuíto de Hulst.
A corredora galega do Misser Project, única representante da súa categoría na citación da selección española, medirase por segundo domingo consecutiva ás mellores especialistas do planeta. Lorena Patiño competiu antonte na Copa do Mundo de Benidorm. Cruzou a liña de meta na 48ª posición, a 6 minutos e 31 segundos da gañadora Lucinda Brand (Baloise), sendo a 19ª mellor sub-23. "Moi contenta coa carreira, pero tiven que baixar o ritmo na segunda volta para reencontralo nas seguintes ata unha pequena caída final", explicou a ciclista de Marín na súa conta de Instagram.

No evento valenciano tamén participou o elite Miguel Rodríguez. O ponteareán do Supermercados Froiz finalizou 39º, a 5:31 de Mathieu Van der Poel (Alpecin).
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es