Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Canal roza o Top-10 na penúltima etapa de Colina Triste

08 DE AGOSTO DE 2020

Feijoo continúa sendo o mellor galego na xeral

Canal-roza-o-Top-10-na-penultima-xornada-de-Colina-Triste

Do mesmo xeito que na xornada anterior, cinco parellas con representación galega remataron este sábado entre as 25 primeiras en Colina Triste. Nesta ocasión o mellor clasificado da nosa autonomía foi Carlos Canal. O limiao do Burgos BH, que nesta proba de categoría UCI XC S2 forma tándem co seu compañeiro de equipo Pablo Guerrero, acadou a undécima praza nos 80 quilómetros con saída e chegada en Santo Domingo de Silos (Burgos).

Esta 3ª etapa era a que máis desnivel acumulado presentaba (2.200 metros) das catro que compoñen este evento. Canal cruzou a liña de meta cun tempo de 3:59:48, a 8:28 dos gañadores do día, e defensores das camisolas de líderes, Tiago Ferreira e Hans Becking (DMT). Dous postos por detrás do corredor de Xinzo de Limia clasificouse o alaricano Iván Feijoo (Nesta), que compite xunto a Kevin Suárez. A 17ª posición correspondeu ao coruñés Pablo Torres e ao seu acompañante Fabricio Ferrari; o dúo Miguel Ángel Arias - Javier Busto obtivo a 20ª praza coas cores do conxunto dezano Extol MTB Team; e o macedano Pablo Rodríguez (BH Templo), rodando ao carón do medallista olímpico Carlos Coloma, terminou 24º. 

A falta dos 68 quilómetros que se percorrerán este domingo, Feijoo continúa sendo o mellor galego na xeral. O de Allariz e Suárez cederon un posto respecto a onte e agora aparecen na decimoterceira posición. 

Clasificacións

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es