Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Feijoo, primeiro galego en Colina Triste

10 DE AGOSTO DE 2020

O alaricano do Nesta rematou 13º na proba por parellas UCI XC S2

Feijoo-primeiro-galego-en-Colina-Triste-

Os catro días de competición propostos pola proba UCI XC S2 de Colina Triste concluíron este domingo cunha etapa de 68 quilómetros con saída e chegada en Santo Domingo de Silos (Burgos). Neste percorrido no que se acumulaban 1.6000 metros de desnivel, Iván Feijoo (Nesta) ratificou a súa 13ª praza na xeral, o que o converteu no galego mellor clasificado na táboa final deste evento de BTT Maratón disputado por parellas. 

Outro ourensán, o macedano Pablo Rodríguez foi o primeiro galego que cruzou a liña de meta na cuarta xornada. Rematou 11º, formando tándem co medallista olímpico Calos Coloma. O dúo do BH Templo quedouse a 4 segundos do décimo posto e a 4:58 de Tiago Ferreira e Hans Becking (DMT), gañadores da etapa e da xeral. O coruñés Pablo Torres, xunto a Fabricio Ferrari, asinou a 18ª praza; mentres que o alaricano Feijoo, rodando ao carón de Kevin Súarez, terminou 22º; e o equipo dezano Extol MTB Team, representado por Javier Busto e Miguel Ángel Arias, ocupou a 57ª posición. Pola súa banda, o limiao Carlos Canal (Burgos BH) e o seu compañeiro Pablo Bonilla non completaron o percorrido. 

Na clasificación xeral definitiva, Feijoo acumulou un tempo de 13 horas 50 minutos e 17 segundos, catro postos por detrás (17º) rematou Rodríguez, a 19º posición obtívoa Torres e ao dúo do Extol correspondeulle a 26ª praza.

Clasificacións

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es