15 DE MARZO DE 2022
Foto: Concello de Ames
O Club de ciclismo amesán Os Esfola Arrós e a empresa Team Relay, coa colaboración do Concello de Ames, organizaron este domingo, 13 de marzo, a segunda proba do circuíto Transgalaica 2022. Foi a sexta ocasión na que o concello acolleu esta cita, unha das máis importantes do ciclismo no noroeste español. Dende 2016 organízase esta proba do circuíto Transgalaica en Ames. En 2021 non se puido realizar debido a situación epidemiolóxica derivada da COVID-19. Nesta edición inscribíronse 408 ciclistas que tiñan que dar dúas voltas a un circuíto de 33 quilómetros. Foi unha proba moi dura debido ao frío e á chuvia. Preto de 50 persoas tiveron que ser atendidas con hipotermia e houbo preto de 20 incidencias de bicicletas por avarías. Finalmente, 141 ciclistas chegaron á liña de meta.
Na categoría masculina o primeiro clasificado foi Diego Álvarez Alonso, do Club ciclismo Oiense, cun tempo de 3:01:31. Na segunda posición quedou Samuel González Carrera, do Club ciclista Máis que Bicis, cun tempo de 3:01:48; e terceiro foi Manuel Paz Carramal, do Club ciclista Armenteira e Punto, cun tempo de 3:18:52.
Por outra banda, na categoría feminina a primeira ciclista en cruzar a liña de meta foi Desiree Fernández Rey, do Club ciclismo Ribadumia, cun tempo de 4:25:27. Na segunda posición quedou Silvia Blanco Dosil, do Club ciclista Avelaiñas, cun tempo de 4:32:11; mentres que terceira foi Rebeca Muñoz Narciso, co Club de montaña Xesteiras, cun tempo de 4:33:48.
Na entrega de premios participaron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Deportes, Susana Señorís; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; a concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González; a concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Escarlata Pampín; a concelleira e mailo concelleiro do Partido Popular de Ames, Oliva Agra e Pablo Beiroa; o concelleiro de Ames Novo, Quique Costas; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego.
O director da proba e membro do Club ciclista Os Esfola Arrós, Jorge Pérez, incidiu na dureza desta proba. “Este día vai a quedar gravado no corpo de todos os participantes. Foi unha Transgalaica que puxo ao limite a moitos dos ciclistas e fíxonos ver o duro que poder ser o noso deporte. Todos sabemos que o tempo en Ames soe ser moi caprichoso, pero o deste ano foi épico polo frío e a choiva que marcou por completo a proba”.
A vindeira cita da Transgalaica terá lugar o 27 de marzo en A Estrada.
Fonte: Concello de Ames
BTT
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
BTT
BTT
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es