Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Brandán Márquez recupera na Estrada a senda da vitoria na Transgalaica

29 DE MARZO DE 2022

Samuel González asaltou o primeiro posto da xeral. Nas mulleres, vitoria e liderado para Rebeca Muñoz.

Brandan-Marquez-recupera-na-Estrada-a-senda-da-vitoria-na-Transgalaica

Foto: Transgalaica

Vigo 2017. Nesa data parara Brandán Márquez o seu contador de vitorias nunha proba da Transgalaica ata este domingo na Estrada. En dura disputa con Samuel González, conseguiu a súa oitava vitoria parcial e reforza as súas opcións ao triunfo final tras o mal día do anterior líder, Diego Álvarez. Terceiro en meta foi Jorge Punzón tras pechado esprint con Daniel García. Encabeza a clasificación xeral Samuel González despois do seu segundo posto nesta proba organizada polo Bikestrada.

Na categoría feminina houbo tamén nova vencedora e cambio de líder. A corredora do CDM Xesteiras Rebeca Muñoz conseguiu o dobrete despois de dominar o maratón deste domingo de principio a fin. Desiree Fernández non puido manter o liderado nunha xornada na que acusou unha forte dor de costas da que puido sobrepoñerse para finalizar segunda. A loita entre ambas mantense en todo o alto pois só as separan 25 puntos con dúas datas aínda en disputa. Verónica Mon e Sofía de Jesus lograron o terceiro e cuarto posto respectivamente.

Na clasificación por equipos tres de tres para o CDM Xesteiras que se está mostrando intratable este ano e que ten o triunfo final practicamente definido.

 

ABSOLUTA MASCULINA

1. Brandán Márquez (V Bike Team)

2. Samuel González (Máis Que Bicis)

3. Jorge Punzón (Cementos Cosmos)

4. Daniel García (CDM Xesteiras)

5. Francisco López Cedrón (MTC Team)

 

ABSOLUTA FEMININA

1. Rebeca Muñoz (CDM Xesteiras)

2. Desiree Fernández (CC Ribadumia)

3 Verónica Mon (Extol MTB Team)

4. Sofía de Jesús da Silva (Os Mosqueteiros)

 

Clasificación completa 

 

CLASIFICACIÓN XERAL

ABSOLUTA MASCULINA

1. Samuel González (Máis que Bicis) 467 ptos.

2. Diego Álvarez (CC Oiense) 450 ptos.

3. Brandán Márquez (V Bike Team) 414 ptos.

 

ABSOLUTA FEMININA

1. Rebeca Muñoz (CDM Xesteiras) 635 ptos.

2. Desiree Fernández (CC Ribadumia) 610 ptos.

3. Verónica Mon (Extol MTB Team) 375 ptos.

 

Fonte: Transgalaica 

GALERÍA DE FOTOS

Brandán Márquez recupera na Estrada a senda da vitoria na Transgalaica
Brandán Márquez recupera na Estrada a senda da vitoria na Transgalaica
Brandán Márquez recupera na Estrada a senda da vitoria na Transgalaica
Brandán Márquez recupera na Estrada a senda da vitoria na Transgalaica
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es