21 DE JUNIO DE 2024
Os xardíns da Deputación de Lugo acolleron esta mañá a presentación dunha nova edición da Ancares Cycling Marathon, a proba cicloturista que dende 2021 se adentra no corazón dos Ancares. O Vicepresidente da Deputación provincial, Efrén Castro, actuou de anfitrión, nun acto no que tamén estiveron presentes José Luis Raposo, alcalde de Pedrafita do Cebreiro; Benigno Gómez, rexedor de Cervantes; Jesús Núñez, alcalde das Nogais e Eva Fernández, concelleira de Xuventude e Asuntos Sociais do concello de Navia de Suarna. Pola parte organizativa Alberto Rodríguez, xefe de Tráfico na provincia de Lugo e parte imprescindible para o desenrolo da proba; Juan Paz, do Clube Ciclista Cidade de Lugo, responsables de APERSA (vehículos oficiais da proba) e o director xeral de EmeSports, empresa organizadora, Ezequiel Mosquera.
Os participantes poderán escoller entre tres opcións con distintas distancias. A modalidade de “Gran Fondo” serán 110 km cun desnivel acumulado de 3.262 metros. Ascenderánse os altos da Campa do Comeal (3ª categoría), Os Sete Carballos (1ª Categoría), A Pintinidoira (1ª Categoría) e Villasol (1ª Categoría), para rematar coa mítica ascensión ao Cebreiro (2ª Categoría). O “Medio Fondo” terá unha distancia de 81,2 km, coas subidas a Campa do Comeal, Pintinidoira, Villasol e O Cebreiro. Por último, tamén existe a alternativa do “Mini Fondo”, con 57,7 km, pasando por Campa do Comeal, Villasol e O Cebreiro.
A organización amosou a súa satisfacción por poder desenrolar un ano máis a proba logo dos tristes acontecementos do ano pasado, cando foi salvaxemente atropelado o responsable do Club Ciclista Cidade de Lugo, Santiago Seijas. O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, adicoulle a súa intervención “porque (Santi) puxo a súa vida en perigo para salvar outras moitas vidas, de non ser por el o sucedido sería aínda moito máis grave. A mellor homenaxe que podemos facer é seguir coa proba e que unha mala persoa non remate con ela”. Ezequiel Mosquera explicou o cambio de trazado deste ano, unha novidade que se concentra nos primeiros quilómetros. “Sairase subindo e logo tocaremos León e para transitar por unha parte da ruta que é a mesma que nas anteriores edicións”. O exciclista profesional engadiu o principal consello para afrontar con garantías o Ancares Cycling Marathon. “Sabendo administrar as forzas podes desfrutar do día”.
Ao longo dos últimos anos a Ancares Cycling Marathon contou coa presenza de grandísimos campións como Miguel Indurain ou Claudio Chiappucci. Este ano será todo un ganador de Giro de Italia, Pavel Tonkov, o que leve o dorsal número 1 nesta ocasión. Corredor con victorias na proba trasalpina, Vuelta a España e Tour de Romandía, coñecerá Os Ancares de primera man.
As inscricións xa se poden formalizar na páxina www.ancarescyclingmarathon.es
Fonte: EME Sports
CICLOTURISMO
CICLOTURISMO
AVISOS
AVISOS
CICLOTURISMO
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es