08 DE JULIO DE 2024
O ciclismo popular volveu a disfrutar do seu gran día no Ézaro. Cunha participación superior á das últimas edicións, con 803 inscritos, os amantes da bicicleta déronse cita ao pé da fervenza para completar un percorrido, que salvo no tramo neutralizado ata Muros, non deu tregua aos participantes.
Guillermo García Janeiro, ciclista pontevedrés enrolado nas filas do equipo luso Sabgal-Anicolor Cycling Team e Sandra Alonso, do Ceratizit-WNT Pro Cycling, foron os mellores na cima do Ézaro logo dunha xornada de temperaturas suaves e con continuos tobogáns.
A nota negativa da xornada foi a enfermidade de Alejandro Valverde. O excampión do mundo, afectado por un virus, viuse obrigado a poñer pé a terra ao seu paso pola saída, xusto antes de comenzar a ascensión ao Mirador do Ézaro.
Fonte: EME Sports
CICLOTURISMO
CICLOTURISMO
AVISOS
AVISOS
CICLOTURISMO
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es