20 DE ABRIL DE 2023
Unha estrea e unha consolidación. Os seleccionadores da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) convocaron a dous ciclistas da nosa comunidade para afrontar esta semana dous eventos internacionais. María Filgueiras, júnior do XSM, debutará este venres co combinado de estrada júnior na rexión neerlandesa de Zelanda e Damián Ramos, do Lasal Cocinas-Louriña, será o único representante español da clase C5 na Copa do Mundo de Paraciclismo que se celebra dende este xoves na localidade italiana de Maniago.
O corredor coruñés de bicicleta adaptada suma unha nova presenza na lista do seleccionador Félix García Casas. Na anterior citación, a finais do pasado mes de marzo, Damián Ramos defendeu as cores de España na Extremadura European Paracycling Cup, onde venceu na proba en liña. A Copa do Mundo de Paraciclismo 2023 arranca en Maniago con catro días de competición que concluirán o domingo. Máis información
Outro certame da UCI como é a Copa das Nacións júnior feminina inicia o seu segundo evento este venres, a EPZ Omloop van Borsele 2023. Ata os Países Baixos a selección española dirixida por Gema Pascual despraza un quinteto de ciclistas do que forma parte María Filgueiras. A miñesa vivirá a súa primeira experiencia co equipo estatal xuvenil de estrada nun escenario para rodadoras.
A competición dividirase en tres carreiras completamente chairas que discurrirán polos arredores de Borsele, na rexión de Zelanda, con saída e chegada todos os días na localidade de 's-Heerenhoek. As juniors comezarán a medir forzas o venres pola tarde cunha contra o reloxo de 14,2 quilómetros; o sábado agárdalles un percorrido circular de 24 km ao que darán tres voltas; e o domingo completarán un itinerario en liña de 70,4 km. Máis información
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
FORMACIÓN
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es