23 DE JUNIO DE 2022
Catro riders galegos participaron do 10 ao 12 de xuño no Campionato de España de BMX Freestyle Park celebrado no marco da Madrid Urban Sports e unha medalla veuse para a nosa comunidade. Laura Carrera (BMX Cromoly) obtivo a terceira posición na proba feminina. É a primeira vez que esta viguesa pisa o caixón da gran cita estatal.
Teresa-Fernández Miranda, a gran dominadora española desta especialidade, conseguiu o seu cuarto título consecutivo. A madrileña sumou 80 puntos e a segunda clasificada, a andaluza María Vallejo, acumulou 47,33 puntos. O bronce de Carrera, rider da parroquia de Sárdoma, chegou grazas a unha actuación saldada con 39 puntos, o que lle permitiu rematar xusto por diante da súa compañeira de equipo, e tamén viguesa, Rebeca Dávila.
Outra dobre presenza galega rexistrouse na competición masculina. Saúl Vilar (BMX Cromoly) obtivo a sétima posición e Álex Martínez (Fornelos de Montes), a 16ª. Coa vitoria fíxose o madrileño Miguel Ángel Jodar (Laesport).
EVENTOS
BMX
BMX
BMX
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es