Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Protocolo e Inscricións para o Gran Premio Mini BTT Escola Borja Gómez Méndez

27 DE ABRIL DE 2021

Información imprescindible para participar no evento que este domingo organiza o Club Ciclista Ponteareas

Protocolo-e-Inscricions-para-o-Gran-Premio-Mini-BTT-Escola-Borja-Gomez-Mendez-

O ciclismo para as escolas de BTT púxose en marcha a pasada fin de semana e continúa este domingo no Circuíto das Cachadas. O Club Ciclista Ponteareas organiza o Gran Premio Mini BTT Escola Borja Gómez Méndez. O prazo de inscrición remata este mércores ás 23:59 horas. 
 
PROTOCOLO
 

A continuación achegamos a información imprescindible sobre os protocolos que se van aplicar para minimizar o risco de contaxio da covid-19:

· Sen test covid-19 e uso da máscara antes, durante e despois da competición

· Os deportistas proveñen das catro provincias galegas

· O evento NON conta con público

· Só se permitirá un asistente por cada deportista (monitor, director deportivo, responsable club)

· O evento desenvolverase en xornada de maña e tarde

· Os deportistas que rematen a súa manga deberán abandonar o recinto inmediatamente ao finalizar a competición, a excepción dos corredores que deben presentarse na cerimonia de premiación.

 

Medidas sanitarias no circuíto:

a. Os deportistas non poderán retirar a máscara nin nos adestramentos nin na competición

b. Toma de temperatura a todos os participantes antes de formar as grellas (+37,5 ou síntomas compatibles coa COVID-19 activar Protocolo Sergas chamar ao 900 400 116 e iniciar o establecido no apartado COMUNICACIÓN E SEGUEMENTO DE SINTOMATOLOXÍA COVID19 deste protocolo).

c. Distancia de seguridade en toda a formación da grella

d. Separación de 1,5 metros.

 

HORARIOS 

 

NA XORNADA DE MAÑÁ

 

9:30 a 9:50 adestramentos libres de principiantes: con máscara

1ª MANGA: 10:00 h con máscara

Competición Principiantes masculino e Principiantes femenino.

 

-10:00 Saída Principiante Feminina

-ao finalizar a proba anterior, Principiante masculina B.

-ao finalizar a proba anterior, Principiante masculina A.

Cerimonia de premiación e desaloxo

 

11:30 a 11:50 adestramentos libres de alevines: con máscara

2ª MANGA: 12:00 h con máscara

Competición Alevín masculina e Alevín feminina

 

-12:00 Saída Alevín Feminina

-ao finalizar a proba anterior, Alevín masculino B.

-ao finalizar a proba anterior, Alevín masculino A.

Cerimonia de premiación e desaloxo

 

13:30 a 13:50 adestramentos libres de Infantiles: con máscara 

3ª MANGA: 14:00 h con máscara

Competición Infantil Masculina e Infantil feminina.

 

-14:00 Saída Infantil feminina.

-ao finalizar a proba anterior, Infantil masculino.

Cerimonia de premiación e desaloxo.

 

NA XORNADA DE TARDE

16:45 a 17:05 adestramentos libres dos Benxamíns: con máscara

1ª MANGA: 17:15h con máscara

Competición Benxamín masculina e Benxamín feminina.

 

-17:15 Saída Benxamín feminina.

-ao finalizar a proba anterior, Benxamín masculina.

Cerimonia de premiación e desaloxo

 

17:30 a 17:50 adestramentos libres de Promesas: con máscara

2ª MANGA: 18:00h con máscara

Competición Promesas masculino e Promesas femenino.

 

18:00. Saída Promesa Femenina.

-ao finalizar a proba anterior, Promesas Masculinas B.

-ao finalizar a proba anterior, Promesas Masculinas A.

Cerimonia de premiación e desaloxo

 

19:00h FIN DA PROBA

 

 

INSCRICIÓNS E REXISTRO DE ACCESO

----- O proceso de inscrición está aberto na páxina da Federación Galega de Ciclismo.

-Se vas participar como Deportista fai click neste enlace

-Se es Técnico, Árbitro ou Dirixente (só federados) fai click neste enlace 

PARA TODO O PERSOAL REXISTRADO É OBRIGATORIO CUBRIR O FORMULARIO DE TRAZABILIDADE NA ZONA PRIVADA WEB DA FGC (ACTIVASE 3 DÍAS ANTES DA DATA DE CELEBRACIÓN DO EVENTO, ANTES DESA DATA NON SE PODERÁ REALIZAR ESTE PROCEDEMENTO) 

 

----- Nas Redes Sociais do club organizador

-Formulario Medios de Comunicación

-Formulario Directivos Club 

-Formulario Vehículos e Carpas Club

-Formulario Acompañante Deportistas (non federados)

 

 

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es