Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Presentación do Mini BTT Estaciones Vivas

06 DE AGOSTO DE 2021

Este domingo en Baños de Molgas

Presentacion-do-Mini-BTT-Estaciones-Vivas-

A segunda edición do Mini BTT Estaciones Vivas reunirá este domingo en Baños de Molgas a 400 bikers de 5 a 14 anos pertencentes ás categorías: Promesa Feminina, Promesa B, Promesa A, Principiante Feminina, Principiante B, Principiante A, Infantil Feminina, Infantil, Benxamín Feminina, Benxamín, Alevín Feminina, Alevín B e Alevín A.
 
A presentación da proba tivo lugar este xoves no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Luis Fernández Fernández; a xerente do Inorde, Emma González; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias; o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galica en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz; e o presidente da Fundación ADO Moure Pro Deporte, Carlos Moure.
 
A competición, que conta con participantes de toda Galicia, desenvolverase en 26 probas divididas en 13 categorías tanto femininas como 13 masculinas, a partir das 10.00 horas ata as 16.00 horas. O circuíto, habilitado fronte á estación de ferrocarril, adaptarase a cada categoría.
 
Fonte: Inorde 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es