O concelleiro de Deportes, David Alonso e directivos do club organizador A.D. Avanza presentaron a cuarta edición do
Trofeo Mini BTT "Concello do Porriño" que se celebrará o vindeiro sábado día 18, a partir das 10:00 no Monte da Risca. Calcúlase que haberá 350 participantes nas diferentes categorías: infantil, alevín, benjamín así como para principiantes e promesas.
Lourdes Figueroa, directora da A.D. Avanza subliñou que "o maior esforzo que propuxemos durante estes meses difíciles debido á pandemia foi garantir que todos os nenos e nenas seguisen motivados neste deporte, motivo polo que agora celebramos poder organizar competicións como ésta que presentamos", dixo.
Tamén acudiu ao acto Jacobo Ucha, como técnico e representante da Federación Ciclismo Galego. Na súa intervención, recoñeceu "o excelente traballo de canteira realizado por clubs como o A.D. Avanza e é grazas a ese traballo que logo saen e teñen ciclistas galegos no pelotón profesional como acabamos de ver na Vuelta a España" .
Por último, David Alonso, concelleiro de Deportes tamén se sumou ao recoñecemento do club organizador "polo brutal traballo que realiza con toda a estrutura de base que teñen e por suposto merecen e contarán con máis apoio económico por parte do Concello, como proba de recoñecemento ", concluíu o concelleiro.
Fonte: Concello do Porriño