Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A edición 2021 do Open de España de Enduro conclúe este domingo en Moaña

02 DE OCTUBRE DE 2021

O Endurrazo é a terceira e última proba do certame estatal

A-edicion-2021-do-Open-de-Espana-de-Enduro-conclue-este-domingo-en-Moana

O municipio pontevedrés de Moaña acollerá a disputa do Endurrazo 2021, a terceira e última proba puntuable para a edición 2021 do Open de España de Enduro. Esta cita, organizada polo club THC Bike e que comeza a converterse en ineludible para todos os amantes e practicantes da especialidade, xa foi escenario en 2019 do Campionato de España de Enduro e para este domingo 3 de outubro volverá contar cun percorrido tremendamente atractivo.

En total, serán cinco tramos cronometrados os que contarán para a clasificación final da proba, que ofrecerán un total de case 35 quilómetros e 1.500 metros de desnivel acumulado. O trazado caracterízase por combinar zonas moi técnicas, con outras pedaleables ou moi fluídas, onde a condución será importante. En xeral, veremos unha competición moi rápida na que haberá que seguir de preto a pelexa polo triunfo na xeral final do Open de España. En categoría feminina, todo parece estar decidido en favor de Covadonga González, que con 340 puntos avantaxa en 140 a Marketa Michalkova; mentres que entre os mozos o liderado está algo máis apertado. Anaue Rodrigues ostenta a primeira posición con 355 puntos, 68 máis que o segundo clasificado Alex Iscla, que tratará de facerse coa vitoria en Moaña para asaltar a xeral.

O comezo da competición está previsto para as 8:00 horas deste domingo. Toda a información sobre o Open de España de Enduro poderedes atopala nas redes sociais a través do hashtag #OpenEspañaEnduro.

GALERÍA DE FOTOS

A edición 2021 do Open de España de Enduro conclúe este domingo en Moaña
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es