Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Nicolás Carrera lidera o festival galego no Endurrazo

05 DE OCTUBRE DE 2021

Os representantes autonómicos impuxéronse en cinco categorías. O júnior Manuel Loureiro e o máster-30 Santos Lemos apuntáronse os rankings do Open de España nos seus grupos de idade.

Nicolas-Carrera-lidera-o-festival-galego-no-Endurrazo-

Fotos: Yaiza Fernández Pérez

A chuvia que caeu na véspera da competición en Moaña foi un sinal do baño de éxitos que agardaba ao Enduro galego na última cita do Open de España. Os representantes autonómicos exhibiron no Endurrazo o seu nivel, tal e como acontecera a principios de xuño no Campionato de España celebrado en Mugardos. O sub23 Nicolás Carrera (Team Justbikes), gañador absoluto, liderou un festival no que os riders da nosa terra impuxéronse en cinco categorías e obtiveron dous título do certame estatal. 

O THC Bike preparou un percorrido con cinco treitos moi variados. O TC1 e o TC4 presentaban menor pendente e maior velocidade, o TC2 e o TC5 eran técnicos e os de maior desnivel, mentres que o TC3 caracterizouse pola súa esixencia física. Os adestramentos do sábado realizáronse baixo a chuvia, quedando o TC2 e o TC5 cunha dificultade extrema dado que o agarre resultaba nulo e facíase moi complicado baixar montado sen caerse.

Por sorte, o domingo amenceu sen chuvia e os treitos foron mellorando durante a carreira. Ese cambio das condicións permitiu aos corredores demostrar o seu talento dunha forma máis cómoda. Na análise técnica engadir que a marxe dos remontes foi suciente para a maioría, a excepción do TC4, no que unha decena de participantes recibiron penalizacións por chegar tarde. 

Neste escenario a regularidade de Nicolás Carrera marcou a diferenza. O vigués non asinou ningún scratch, pero encabezou a táboa absoluta final. Catro dos cinco mellores parciais pertenceron a pilotos con licenza elite galega. Francisco Vilaboa (Máis Que Bicis) apuntouse o TC1 e o TC5, Paul Thiebaut (CiclosQuintena) foi o máis rápido no TC2 e Mauro González (Salvaterra), no TC3. 

O vixente campión autonómico non baixou en ningún treito do quinto posto e coroouse como rei desta edición do Endurrazo cun tempo de 15:54.918. Carrera venceu cunha diferenza menor a un segundo e medio (1.380') respecto ao gañador elite Vilaboa. No top-10 absoluto masculino tamén remataron Antonio Ferreiro (Coruxo), cuarto scratch e primeiro na competición de e-bikesSantos Lemos (Grupeta Pan de Zarko), sexto e vencedor máster-30; González, sétimo e cuarto elite; e Thiebaut, décimo e sexto elite. En total, seis galegos entre os dez mellores. 

Podios e top-10

Nas clasificacións por categorías houbo cinco riders autonómicos que subiron ao máis alto do podio e outros seis que pisaron o caixón. Carrera no sub23 e Vilaboa no elite non estiveron escoltados por ningún galego, pero si Lemos, que tivo a súa dereita a Héctor Parada (+Enduro) como terceiro clasificado. Nos juniors anotouse o triunfo Manuel Loureiro (Coruxo) por diante de Zoe del Río (XSM), un pulso que tamén se deu pola xeral do Open, e nos máster-40 José Manuel López Vaqueiro (VK Bikes) comandou un top-3 ao 100% de pilotos da terra, con Daniel Garrido (THC Bike) na segunda praza e Xacobe Melón (VK Bikes) na terceira. 

Os outros podios galegos da xornada conseguíronos Isabel Castro (Condado Bike), terceira na táboa elite feminina, e Carlos José Táboas (Quebici-Marcisport), que fixo segundo nos máster-50. 

Esta escolma de resultados do Enduro autonómico complétase cos seguintes top-10 por categorías:

Elite: 7º Kevin Méndez (Rocasport Giant), 8º Esteban Paz (VK Bikes) e 10º Carlos Núñez (VK Bikes)

Sub23: 4º Cristian Novo (VK Bikes), 6º David Fernández (Avanza-O Porriño), 7º Gabriel Suárez (THC Bikes) e 8º Marcos Fernández (Rocasport Giant) 

Júnior: 5º Marcos Abalo (Castrobikes) e 6º Marcos Estévez (Pontebike)

Máster-30: 5º Jonathan Álvarez (Monteferro), 6º Balbino Ríos (THC Bike), 7º Miguel Castelo (THC Bike), 8º Mario Costa (THC Bike), 9º Fermín Leira (Pulpeiros) e 10º José Luis Pazos (+Enduro).

Máster-40: 4º Pablo Mallo (+Enduro), 5º Rubén Barreiro (Raposo), 6º Iván Freire (VK Bikes), 9º Alejandro Juncal (VK Bikes) e 10º José Sánchez (Bueu).

Máster-50: 4º José Manuel Romero (+Enduro), 6º Jose Camesella (Monteboi) e 9º Francisco Acevedo (Bici Verde). 

Rankings do Open

Os brillantes resultados da 'nosa armada' reflectíronse nas clasificacións finais do Open de España, que este ano constou de tres citas. Dous deses rankings quedaron en Galicia. Loureiro adxudicouse o júnior por 15 puntos de vantaxe sobre Del Río. Pola súa banda, Lemos chegaba como líder invicto máster-30 e rubricou o título coa súa terceira vitoria. 

O da Grupeta Pan de Zarko rematou a temporada sexto na clasificación absoluta masculina con 320. Nesta táboa empataron a 400 puntos Carrera e González, correspondéndolle a terceira praza ao vigués e a cuarta ao de Salvaterra. Porén, foi o elite o que conseguiu entrar entre os tres primeiros da súa categoría, ocupando a terceira posición. 

O resto de top-10 galegos nos rankings finais do Open foron os seguintes:

Absoluto feminino: 8ª Castro

Elite: 6º Marco Veiga (CiclosQuintena) e 7º Vilaboa

Elite feminino: 5ª Castro

Sub23: 4º Carrera, 5º Fernández e 10º Novo. 

Júnior: 10º Abalo

Máster-30: 7º Parada e 10º Leira

Máster-40: 7º López Vaqueiro, 8º Garrido, 9º Melón e 10º Mallo

Máster-50: 5º Camesella, 6º Juan José Coega (CiclosQuintena) e 8º Táboas

 

Clasificacións Endurrazo

Clasificacións Open

 

GALERÍA DE FOTOS

Nicolás Carrera lidera o festival galego no Endurrazo
Nicolás Carrera lidera o festival galego no Endurrazo
Nicolás Carrera lidera o festival galego no Endurrazo
Nicolás Carrera lidera o festival galego no Endurrazo
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es