Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Bike Park de Manzaneda garante emocións fortes este domingo co Campionato de Galicia de Descenso

06 DE JULIO DE 2022

A batalla polas coroas autonómicas librarase nunha cita de clase I.5 do calendario español

O-Bike-Park-de-Manzaneda-garante-emocions-fortes-este-domingo-co-Campionato-de-Galicia-de-Descenso

O Descenso galego lucirá esta fin de semana as súas mellores galas no seu centro neurálxico. A Estación de Montaña de Manzaneda albergará o Campionato de Galicia – III Trofeo Federación DHI Manzaneda Bike Park. Ademais de repartir as coroas autonómicas desta especialidade, a cita atraerá a riders doutras comunidades ao tratarse dunha proba de clase I.5 no calendario da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC).

A estación ourensá volve ser garantía de emocións fortes dous meses despois de acoller o 1 de maio a segunda edición do Trofeo Federación DHI Manzaneda Bike Park. Desta volta faino coa participación de case 150 pilotos e co aliciente da batalla polas camisolas de campións de Galicia.

Os títulos elites defenderanos Gemma Chapela e Francisco Vilaboa, mentres que no resto de categorías subiron ao máis alto do podio o ano pasado en Ponteareas o sub23 Víctor Mariño, Uxía Álvarez e Roi Jorge en juniors, Lucía Piñeira e Uxío Atrio en cadetes, Alejandro Vila nos máster-30, José Manuel López Vaqueiro nos máster-40 e José Ernesto Camesella nos máster-50. A maiores haberá competicións para infantís e de Enduro. 

Horarios e circuíto

O programa da fin de semana arrancará o sábado cos adestramentos libres. A toma de contacto co circuíto continuará o domingo entre as 10:00 e as 12:30 h. cos ensaios oficiais. A partir das 13:00 h. comezará a competición coa Quenda Clasificatoria e a hora da verdade chegará ás 15:30 h. coa Quenda Final.

O percorrido será o mesmo que o do I Trofeo Federación DHI Manzaneda Bike Park, celebrado en novembro do 2021, pero saíndo 300 metros más abaixo para evitar unha primeira parte de pedaleo. O trazado divídese en dúas zonas: unha primeira con curvas peraltadas e saltos de gran velocidade e unha segunda metade con trialeiras máis lentas, finalizando ao pé da telecadeira, na Tasquiña

GALERÍA DE FOTOS

O Bike Park de Manzaneda garante emocións fortes este domingo co Campionato de Galicia de Descenso
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es