Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Catro eventos galegos forman parte do calendario 2023 das Copas de España de BTT

08 DE NOVIEMBRE DE 2022

O V Trofeo Federación DHI - Manzaneda Bike Park súmase ao Endurrazo, á Montefaro Enduro Race e á Lalín Bike Race

Catro-eventos-galegos-forman-parte-do-calendario-2023-das-Copas-de-Espana-de-BTT

Foto: Endurrazo

A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) aprobou na súa última xuntanza o calendario de Campionatos e Copas de España de BTT para o 2023. A falta de que se confirmen as probas do certame de XCUM, Galicia repite como escenario de catro eventos. A tres citas consolidadas no panorama estatal únese o Trofeo Federación DHI - Manzaneda Bike Park. 

Na súa quinta edición o Descenso organizado pola Federación Ciclismo Galego (FCG) na Estación de Montaña de Manzaneda dá o salto á Copa coordinada pola RFEC. Os mellores riders españois competirán no Bike Park ourensán o 23 de xullo. Será a cuarta e última xornada do certame que arranca o 19 de febreiro no municipio granadino de Otívar. 

Os outros tres eventos tamén repartirán puntos para as Copas estatais. A de Enduro volve contar con dúas xornadas na nosa comunidade. O 30 de abril e o 1 de maio Moaña vibrará co Endurrazo 2023 do THC Bike, terceira cita dun certame que finalizará o 4 de xuño na Montefaro Enduro Race do Pulpeiros Mugardos, quinta e última proba do calendario. 

A fin de semana seguinte ao peche en Ares e Mugardos da Copa de Enduro, a Lalín Bike Race regresará ao programa do circuíto estatal de desafíos de Cross Country Maratón. Despois de exercer de Campionato de España de XCM e de XCUM, no 2021 e no 2022 respectivamente, a carreira do Extol MTB Team e do Montes do Deza volve a unha competición da que formou parte por última vez no 2019 e faráo como segunda das súas cinco xornadas. Á localidade pontevedresa chegarán o 4 de xuño vestidos como líderes as triunfadoras e os triunfadores o 15 de abril en Calamocha (Teruel). 

Calendario Copas de España

Calendario Campionatos de España

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es