01 DE ABRIL DE 2024
O único evento do ciclismo galego durante a última fin de semana de marzo, en plena Semana Santa, resultou moi especial. O Lucus Mini DH celebrou a súa primeira edición e activou o calendario de Descensos para as categorías de base. A cita que tivo lugar no denominado como Lucus Bike Park da capital lucense estreouse deixando un gran sabor de boca.
"É un circuitazo, o escenario perfecto para un Mini DH. Todos os nenos quedaron contentísimos", sinala Eva Castro. A seleccionadora da Federación Ciclismo Galego para as especialidades gravity asistiu o pasado sábado a esta cita e subliña "o ben organizada que estivo" polo Club BTT Lucus Aventur Terras de Lugo. A apertura do calendario galego desta especialidade reuniu a 106 participantes e a chuvia respectou aos pequenos riders.
O cadro de gañadoras e gañadores consta de nove categorías. Emma Bernal (Furious) e Alejandro Pereira (Esmelle) venceron en Promesas, Antía Romar (Gacela) e Martín Blanco (Maceda) en Principiantes, Pedro Rodríguez (Ribadumia) en Benxamíns, Vera Rodríguez (Avanza - O Porriño) e Matías Álvarez en Alevíns, Daniela Vilas (Farto) e Daniel Barcia (THC Bike) en Infantís.
O seguinte Mini DH chegará no circuíto ferrolán de Esmelle o 20 de abril.
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
BMX
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es