El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string
09 DE AGOSTO DE 2024
Dende este domingo 11 de agosto os eventos da Federación Ciclismo Galego sucédense durante dúas semanas na Estación de Montaña de Manzaneda. O Mini DH abre un programa que continuará co Campus Mini DH by Eva Castro, a última proba da Copa de España de Descenso, o Campus de Ciclocrós... e unha novidade no calendario autonómico. O domingo 25 de agosto chega a primeira edición do Enduro Manzaneda Bike Park.
As inscricións para a estrea desta competición xa están abertas. Fai click nesta ligazón para anotarte. O Enduro Manzaneda Bike Park arrancará ás 09:00 horas.

Unha semana antes, o domingo 18, a Copa de España de Descenso 2024 pecharase co VI Trofeo Federación DHI - Manzaneda Bike Park. O prazo para inscribirse remata o vindeiro día 13 ás 23:59 h. Fai click nesta ligazón para anotarte.

BTT
BTT
BTT
BTT
AVISOS
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es