Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Copa Galicia de Pump Track deu as súas últimas voltas da temporada en Ourense

10 DE SEPTIEMBRE DE 2024

Rexistráronse catro cambios de líderes no desenlace do certame autonómico

A-Copa-Galicia-de-Pump-Track-deu-as-suas-ultimas-voltas-da-temporada-en-Ourense

Do mesmo xeito que na súa primeira edición, a Copa Galicia de Pump Track resolveuse na cidade das Burgas. O II Pump Track Concello de Ourense exerceu o pasado sábado de quinta e última xornada do certame que coordina a Federación Ciclismo Galego (FCG). Con máis de 100 participantes en liza, os puntos repartidos no evento organizado polo club Maese Riders Team provocaron catro cambios de líderes na clasificación xeral. 

Unha rider do conxunto anfitrión marcou o tempo scratch feminino no circuíto do Parque das Letras. A infantil Paula Rodríguez detivo o cronómetro en 16 segundos e 355 milésimas na súa volta máis rápida, rebaixando por 3 décimas a marca da cadete Ainoa Posada (Lynalfa Ponteareas) e en medio segundo a da alevín Vera Rodríguez (Avanza - O Porriño).

O primeiro posto entre as elites de Alejandra Chapela (VK Bikes) permitiulle asaltar o liderado na xeral. No resto de categorías femininas venceron Sofía Ferreiro (Esmelle) en sub-23, Cristina Romero (Ribadumia Escola) en máster-40 e Rosa María López (Maese Riders) en máster-50. 

O triunfo absoluto entre os homes correspondeu ao mesmo corredor que o sábado anterior no Pereiro de Aguiar. O sub-23 Iván García (Val do Ulló) impúxose cun tempo de 14.067 segundos na segunda quenda. Quen máis se achegou a ese rexistro foi o cadete Sergio Hidalgo (Traviesas), quedándose a 624 milésimas, e terceiro scratch fixo o sub-23 Raúl Gándara (Pontebike), a 675 milésimas do rei da pista en Ourense.

As vitorias nas súas categorías do júnior Jorge Rodríguez (Maese Riders), do infantil Izan Lago (A Forna) e do máster-50 Alberto Pérez (VigoEnduro) tiveron como premio extra situarse líderes e adxudicarse os seus rankings. Entre os elite dominou no circuito ourensá Alejandro Pérez (Maese Riders), nos máster-30 Antonio Álvarez (Cerezo Bikes) e nos máster-40 Francisco Lorenzo (Bike Ou Non Vai).

Sen puntos en xogo para a Copa, Daniela Fernández (Maese Riders) e Noel Vidal (Maese Riders) subiron ao máis alto do podio en Promesa, Eva Vilas (Farto) e Iván García en THC Bike en Principiante, e Vera Rodríguez e Daniel Díaz (Val do Ulló) en Alevín. 

Líderes finais

A entrega de premios do Pump Track Concello de Ourense tamén serviu para entregar as camisolas de líderes finais da segunda edición da Copa Galicia. Eses maillots conmemorativos do Campionato de Europa de Ciclocrós que se celebrará a principios do vindeiro novembro en Pontevedra conquistáronos Paula Rodríguez e Izan Lago en Infantil, Ainoa Posada e Pedro Fernández (OsdoSacho) en Cadete, Alba Fernández (Val do Ulló) e Jorge Rodríguez en Júnior, Sofía Ferreiro e Iván García en Sub-23, Alejandra Chapela e Alejandro Pérez en Elite, Tamara Santos (THC Bike) e Saúl Moreira (Siete Club) en Máster-30, Cristina Romero e Francisco Lorenzo en Máster-40, e Rosa López e Alberto Pérez en Máster-50.

Toda a información sobre este certame autonómico podes atopala na súa sección dentro desta mesma páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaPT24.

Clasificación

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es