14 DE SEPTIEMBRE DE 2024
Foto: PontevedraViva
O último Campionato de Galicia de BTT do 2024 celébrase este sábado en Pontevedra. Os títulos de Descenso dispútanse no DH A Fracha, o evento organizado pola Peña Ciclista Moto Bike. A inscrición alcanza os 116 participantes.
O parque forestal da Fracha volveu no 2023 a acoller unha competición de DH despois de 14 anos de paréntese. Un escenario histórico no que se vivirá unha xornada completa de espectáculo. Pola mañá terán lugar os adestramentos, dende as 10:00 horas ata as 13:00h, e a competición arrancará ás 16:00h.
A cita presentouse este venres no Concello de Pontevedra coa presenza de Anabel Gulías, concelleira de Deportes; Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra; Daniel Benavides, xefe provincial do servizo de Deportes da Xunta de Galicia; Jacobo Alfonso Fontán, responsable do Moto Bike; Juana Vidal, rider do club anfitrión; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego.
O ano pasado as coroas autonómicas de Descenso repartíronse no DH Molinos e acadaráronas Alba Arias e Marco Veiga en Elite, Alba Fernández e Zoe del Río en Sub-23; André Martínez en Júnior, Arantxa Gómez e Xurxo Campos en Cadete, Paula Seoane e Iván Mourelo en Máster-30, Jose Montenegro en Máster-40 e Ricardo Escudero en Máster-50.
BTT
BMX
BMX
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es